Xesús Rodríguez Corredoira


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 5 de abril de 1889 (†1939)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Xa desde pequeno tiña unha gran aptitude para o debuxo. Ós 14 anos obtén unha bolsa de estudios e trasládase a Madrid entrando en contacto cos círculos artísticos e literarios da cidade. Non obstante, a maior parte da súa vida transcorre en Galicia aínda que fixo algunhas viaxes a América para expoñe-las súas obras.

 Obras realizadas

A obra de Xesús Rodríguez Corredoira non está aínda ben estudiada. A súa iconografía aparece espiritualizada e os personaxes dignificados. Algunhas das súas obras son La Sagrada Familia, Capilla de Nuestra Señora de las Angustias, Hambre en Lugo e Peregrinos. A súa obra está claramente influenciada por El Greco, sobre todo na estilización e a linguaxe das mans. Tamén pintou abundantes retratos que presentan influencias doutros pintores como Sorolla ou Romero de Torres.