Teresa Seara


 Currículum

Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, profesora de ensino medio e crítica literaria.

 Obras realizadas

Colaborou en revistas especializadas galegas (Anuario Grial de Estudos Literarios Galego, Tempos Novos, Grial, etc.) e foráneas (Ínsula, El invisible anillo, Serta) ademais de participar no programa da TVG Libro Aberto.

É responsable da tradución de poemarios de Manuel Álvarez Torneiro, Francisco X. Fernández Naval e Miguel Anxo Fernán Vello.

Ademais de elaborar as antoloxías Para saír do século (xunto con Luciano Rodríguez), Poesía galega nova (revista virtual Enfocarte), Catorce voces gallegas del siglo XX (revista Reverso, Guadalajara-México) e Veinte puntos de fuga (Editorial El perro y la rana, Caracas-Venezuela), encargouse de escolmar a obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello -Astro interior e Antologia poetica (Edizioni ETS, Pisa-Italia)- e Francisco X. Fernández Naval, Memoria de abril (Arte Poética Press, Nova York).