Licenciado en Veterinaria, especialidade de Bromatoloxía, Sanidade e Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de León e diplomado en Sanidade na Escola Nacional de Sanidade de Madrid. É funcionario do Corpo Nacional Veterinario.
1988. Coordinador das campañas de saneamento gandeiro na Xunta de Galicia.
1990. Xefe de sección de Sanidade Exterior no Ministerio de Sanidade e Consumo en Vigo.
1991. Subdirector xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras na Xunta de Galicia.
1993. Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Xunta de Galicia.
1996. Secretario xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en Madrid.
2002. Conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Embaixada de España, Washington DC., EE.UU.
2008. Asesor do gabinete do secretario de estado de Medio Rural e Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
Desde marzo de 2009 ata xaneiro de 2012 foi Conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Actualmente é o Delegado do Goberno en Galicia.
Ten a Gran Cruz da Orde do Mérito Pesqueiro e a Ordre du Mérite Agricole da República Francesa.
Está casado e ten dous fillos.