Nemesio García Carril


Categoría: Compositor e profesor de música
Data de Nacemento: 27 de abril de 1943
Lugar de Nacemento: Sobrado dos Monxes
 Currículum

Ó mesmo tempo que realiza estudios humanísticos e filosóficos en Santiago de Compostela comeza os estudios musicais no Conservatorio de Música desta cidade que continúa na Coruña, Madrid e Roma especializándose en canto, dirección, composición e musicoloxía. Entre 1968 e 1980 é mestre-director da Capela de Música da Catedral de Santiago. Foi Profesor nos Conservatorios de Ponteareas (Pontevedra) e Santiago; Profesor Numerario do IES "Rosalía de Castro" de Santiago, Instituto Español de Lisboa e membro da Misión cultural da Embaixada de España en PortuGalería Pertence á Asociación Portuguesa de Pedagoxía Musical. Actualmente é catedrático do IES "Padre Suárez" e profesor colaborador da Univ. de Granada.

 Obras realizadas

Como compositor é autor de diversas obras de música vocal e instrumental sendo máis notable a súa música para a imaxe. -Transcrición dos Cantorais 5º e 6º de Polifonía do s. XVI e do 2º libro de Órgano (obras de J. Sánchez) do s. XVIII do Arquivo Histórico da Catedral de Compostela. Bandas sonoras das Series para TVE: -La hija del mar de Rosalía de Castro en 1976. -Los Gozos y las sombras, de Torrente Ballester en 1982. -Musical A Nai: guión de Bernardo Vilariño e texto de Antón de Santiago, en 1998. -Gravación de música propia de catro poemas de Rosalía de Castro coa soprano Maruxa Villanueva e Profesor da Orquestra Radio Nacional. -Gravación do disco "Grandes obras musicales del s. XIX en la Catedral de Santiago" para o VIII centenario do Pórtico da Gloria (Orquestra Manuel de Falla de Madrid e Orfeón Terra a Nosa de Santiago). -Colaboracións co estranxeiro, etc...

 Outros datos de interese

1º Premio Himno Sta. T. Jornet e Ibars 1973. Premio á mellor música do "1º Festival Internacional da Canción de Pontevedra", 1977. Premio da Crítica Galega de 1984. Nomeado "fillo distinguido" do seu pobo natal en 1986.