José Prieto Verdes


Data de Nacemento: 6 de agosto de 1957 (†abril de 1980)
Lugar de Nacemento: Labrada, Abadín (Lugo)
 Currículum

Un dos lemas que rexeu e animou a vida de José Prieto Verdes foi facer da súa parroquia e da súa diocese unha “familia de familias”.
Completada a súa formación no Seminario de Mondoñedo -desde 1940 a 1952- foi ordenado sacerdote no Congreso Eucarístico Internacional de Barcelona (maio de 1952), xunto con outros 18 compañeiros do seu curso, que constituían o grupo máis numeroso de ordenados na nosa diocese.
O seu primeiro ministerio foi o de Administrador do Seminario (1952-58): un cargo especialmente traballoso naqueles anos, en que o Seminario de Mondoñedo estaba realizando as obras de reforma e ampliación, que o puxeran un pouco máis ao día. “No podemos menos de reconocer que nunca pagaremos al Seminario lo mucho que le debemos”, dicía el nunha carta circular. Continuou logo no Seminario outros tres anos (1958-61) como Director Espiritual, cambiando as inquedanzas económicas pola educación na fe e na causa misioneira.
Despois dun breve paréntese de dous anos de estudio na Universidade de Comillas, onde obtivo a Licenciatura en Dereito Canónico, volveu á Diocese para facerse cargo da “Domus Ecclesiae” de Ferrol, recén inaugurada, e da ensinanza de Relixión no Instituto Feminino. Quedáballe aínda nesta etapa outro campo que cultivar: a Administración Diocesana (1966-73), en que volveu a sentirse como promotor da “familia de familias”, tratando de responder ás súas urxencias e necesidades.
Por fin en 1973 empezou para el a derradeira aventura ”familiar”: a Parroquia do Carme en Ferrol. “Hoy mi único trabajo y mi única preocupación es la Parroquia”. Foron cinco anos de traballo pastoral, vivido en comuñón cos seus colaboradores: “consuela y reconforta haber visto cómo tal número de personas, con ideas tan distintas, hayan sabido unificar criterios para crear en la parroquia un clima de “familia”.
Quédanos como recordo e estímulo o testemuño da súa vida, tal como o recollía a Folla Parroquial en decembro de 1980:
Don José dedicó su vida, con una entrega sin límites, a trabajar por el Evangelio en bien de todos. Se acabó su vida terrena; pero ha dejado sembrada la semilla; ha abierto camino. Ahora nos toca a nosotros continuar trabajando para que esa semilla no quede estéril, para que ese camino se ensanche y se alargue, para que nuestra convivencia cristiana sea cada vez más –como él gustaba de resaltar- una gran familia de familias”
Os que agora pasamos por aquelas terras de Labrada, onde el naceu e onde está a súa sepultura, acordámonos do que el dicía cando estaba no Hospital sufrindo a súa agonía: “eu non penso, eu ofrezo!”.

Texto: Uxío García Amor