Pedro Mariño de Lobera


Categoría: Capitán
Data de Nacemento: En 1528 (†En 1594)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Trala súa participación na guerra entre España e Francia, viaxou a América en 1945. Estivo baixo o mando de Pedro de La Gasca e permaneceu en Perú ata que viaxou a Chile en 1552. En Chile participou en varias campañas con Pedro de Valdivia, desempeñando varios servicios militares co grao de capitán. Así mesmo, participou nas campañas dos gobernadores Hurtado de Mendoza e Rodrigo de Quiroga.

 Obras realizadas

Entre 1575 e 1576 escribiu unha Crónica do Reino de Chile, na que narra os sucesos nos que participou durante a conquista chilena. xesuíta Bartolomé Escobar redactou de novo esta obra baixo o título Crónica del Reino de Chile que escribió el capitán D. Pedro Mariño de Lobera, arreglada y reducida a nuevo método y estilo por el P. Bartolomé Escobar, de la Compañía de Jesús.