María Dolores Pereira Oliveira


 Currículum

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982, especialízase en Arquivística na Escola Obradoiro de Arquivos do Arquivo do Reino de Galicia en 1990.
En 1992 accede por oposición á praza de arquiveira municipal do concello de Oleiros (A Coruña), e, en 1995 incorpórase ao corpo facultativo superior de Arquivos da Xunta de Galicia, con destino en Lugo, onde segue a prestar servizos na actualidade como directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo, desde onde deseña e dirixe os programas de organización e descrición de fondos e os de difusión dos mesmos.

 Obras realizadas

Ten publicados, de xeito individual ou en colaboración 28 títulos, e participa continuadamente desde 1993 como profesora colaboradora nos cursos de Arquivos para funcionarios da Xunta de Galicia e da Administración Local que imparte a EGAP; desde 2005, colabora co INAP nos cursos de Arquivos para Funcionarios da Administración Central, e imparte ademais cursos de Arquivística convocados por outros sectores, como a Universidade de Santiago, a FEGAS ou ANABAD-Galicia. Tamén coordinou os programa de becas de organización de Arquivos Municipais da Xunta de Galicia nas provincias de A Coruña, Ourense e Lugo (1994-1999), e tutela as prácticas dos Alumnos da Universidade de Santiago no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

 Outros datos de interese

É membro de ANABAD-Galicia, sendo actualmente a vicepresidenta da asociación, e participa nas actividades do grupo de traballo de arquiveiros municipais de Galicia (1991-1995), no grupo de traballo de arquiveiros de Galicia desde a súa creación en 2001, no grupo de traballo do Ministerio de Cultura para a aplicación da norma ISAD (G) (2001-2003), no Grupo de Traballo de Arquivos Histórico Provinciais Españois, do Ministerio de Cultura desde a súa creación en 2006.