Manuel Portela Valladares


Categoría: Político y xornalista
Data de Nacemento: 31 de xaneiro de 1867 (†29 de abril de 1952)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Cursou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi redactor do Diario de Pontevedra. Nesa cidade actuou como xuíz municipal. En 1897 é elixido decano do colexio de avogados da cidade e ó ano seguinte consegue praza como rexistrador da propiedade en Madrid. É un dos fundadores do Movemento Agrario de Acción Galega (1909). Actuou como pasante e home de confianza de José Canalejas, que en 1910 noméao Gobernador Civil de Barcelona e dous anos máis tarde fiscal do Tribunal Supremo. En 1923 foi ministro de Fomento e ó ano seguinte participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego. En 1930 é un dos promotores do pacto de Barrantes (acordo entre as forzas nacionalistas e as estatais) e ó ano seguinte será elixido deputado por Lugo. En 1935 será ministro da Gobernación en dúas ocasións e, a finais de ano, Alcalá Zamora encoméndalle a presidencia do Goberno. Ó producirse o alzamento do 18 de xullo, estaba en Barcelona, parte cara a Niza onde se instala. Volveu a España en 1937 pero regresou a Francia pouco despois.

 Obras realizadas

En 1932 publica en Barcelona Unificación y diversificación de las nacionalidades e en Niza escribirá Dietario e Memorias.

 Outros datos de interese

Durante a invasión nazi de Francia será perseguido pola Gestapo e preso, e aínda que España solicitou a súa extradición, non lle foi concedida.