Manuel Castro Santamariña


Categoría: Mestre
Data de Nacemento: 10 de xullo de 1958
Lugar de Nacemento: Guitiriz (Lugo)
 Currículum

Inicia os seus estudos na escola habanera de Guitiriz pasando, en 1970, a realizar o bacharelato no Instituto “Lucus Augusti”, de Lugo. Reside durante esta etapa no Colexio Menor “Eijo Garay”, onde participa activamente na vida interna do centro, colaborando durante varios anos na elaboración da revista “Noroeste” que alí se editaba. Rematado o bacharelato, en 1977 inicia estudos universitarios na Escola de Formación do Profesorado de EXB da cidade da Coruña, onde se diploma na especialidade de Ciencias. Posteriormente obterá os títulos de Profesor especialista en Lingua Galega, en 1986 e en Educación Musical en 1998.

 Obras realizadas

No ano académico 1981-82 ingresa no Corpo do Profesorado, sendo destinado

inicialmente ao Colexio Públicode Cariño. Posteriormente exerce a docencia nos seguintes centros: CEIP “Sta. María” das Pontes, CEIP “A Castellana” de Aranga, Escola Unitaria de Muniferral, en Aranga, CEIP de Xermade e CEIP “Manuel Mato Vizoso” de Vilalba, onde está destinado desde o ano 2007. Foi director do CEIP de Xermade entre os anos 1998 e 2007. Formou parte da directiva da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz nos anos 80. É membro da directiva do Centro Cultural e Recreativo de Vilaba desde o ano 2002. Desde o mes de febreiro de 2008 é presidente do Instituto de Estudos Chairegos, nomeado pola xunta directiva do mesmo, da que forma parte desde a súa fundación.

En 2013 publicou o libro 'Cancioneiro das Terras de Aranga', editado pola Deputación de A Coruña e patrocinado polo Concello de Aranga.

 Outros datos de interese

Colabora ocasionalmente en revistas de ámbito local e en algunha publicación colectiva do Instituto de Estudos Chairegos.