Leopoldo Eijo Garay


Categoría: Bispo, escritor
Data de Nacemento: 11 de abril de 1878 (†31 de agosto de 1963)
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Cando tiña cinco anos trasladouse a Sevilla coa súa nai e ingresou no Seminario. Posteriormente estudia en Roma e consegue o doutoramento en Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico. Estudiou Hebreo, Latín, Grego e linguas modernas. En 1900 foi ordenado presbítero. En 1914 foi nomeado bispo de Tui e en 1917 de Vitoria. Foi membro da Academia da lingua, o seu discurso de ingreso versou sobre La oratoria sagrada en España. Tamén foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, na que ingresou co discurso La persona jurídica. Su concepto filosófico y derechos fundamentales que debe respetar en ella el Estado. Tamén foi membro da Real Academia Galega.

 Obras realizadas

Ademais dos seus discursos de ingreso nas distintas academias, publicou El primer origen de la vida según el Hexámeron y según la ciencia (1917); Santo Tomás y la mística; El concepto de la materia universal en los teólogos medievales (1940); Esbozo apologético de la poesía eucarística clásica española; Directrices sociales (1948).