José María Moraleja Alonso


Data de Nacemento: 4 de xullo de 1940
 Currículum

Despois de finalizar os seus estudios de Enxeñería Técnica Agrícola na Escola Universitaria de Madrid en 1962, ingresou dous anos máis tarde na Administración como funcionario colaborador do antigo Servicio de Concentración Parcelaria. Dous anos máis tarde ingresou como funcionario de carreira mediante oposición libre ó Corpo de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, con destino na Delegación Provincial de Valladolid, trasladándose voluntariamente á Delegación Provincial de Lugo en 1970. Desde 1970 a 1989 traballou nesta delegación na Sección de Ordenación Rural como responsable das Axudas Técnicas e Económicas das Zonas de Ordenación Rural. O 1 de xullo de 1982 foi transferido á Comunidade Autónoma de Galicia como Enxeñeiro Técnico Agrícola no Servicio de Estructuras Agrarias da Consellería de Agricultura e en xullo de 1988 foi nomeado xefe de equipo de concentración, encargado da Sección de Axudas Técnicas e Económicas. Desde xuño de 1989 ata abril de 1992 ocupou o posto de delegado de zona da Consellería de Agricultura en Becerreá (Lugo), coa misión de coordinar os traballos que realizan os distintos servicios da delegación provincial na Zona de Alta Montaña, así como a Escola de Agricultura de Alta Montaña enclavada en Becerreá, na que impartiu clases nos cursos de incorporación de xoves á empresa agraria. En maio de 1992 incorporouse como xefe do Servicio de Contratación e Subvencións, da Delegación Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública en Lugo. En outubro de 1994 cesou nese posto e foi nomeado xefe do Servicio de Coordinación para a Reforma Administrativa. Foi Delegado Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública en Lugo.

 Outros datos de interese

Realizou varios cursos de perfeccionamento, como por exemplo Curso de Procedemento Administrativo, Curso de Contratación Administrativa, Cursos de Formación Informática para Implantadores e Usuarios d S.X.P.A. Inspección Xeral de Servicios e Cursos de Iniciación e Perfeccionamento da Lingua Galega. Ademais, posúe o Diploma de Directivo da Xunta de Galicia.