Sendo moi novo tivo que emigrar á Arxentina e desde sempre estivo moi vinculado á actividade das comunidades galegas no país austral como o Centro Galego de Bos Aires ou a institución da Estrada na capital arxentina.
Licenciado en Dereito e Ciencias Sociais exerceu como procurador, avogado e notario.
No ano 1998 foi elixido Presidente do Consello Xeral da Emigración, cargo que deixou para exercer na última lexislatura como deputado no Parlamento de Galicia.
Foi nomeado Director xerente da Fundación Galicia Emigración, o 24 de xullo de 2009.
É “Fillo Predilecto” de Valga.