José Lucas Labrada


Categoría: Funcionario e escritor
Data de Nacemento: 18 de outubro de 1762 (†En agosto de 1842)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Comezou traballando no Consulado da Coruña de porteiro. En 1802, chegou ó cargo de secretario do Consulado. En 1804, publicouse a súa obra Descripción económica del reino de Galicia, onde expresou o seu pensamento económico. Cando as tropas francesas chegaron á Coruña, foi nomeado intérprete do xefe do Estado Maior francés. En 1820, foi secretario da Xunta Censora e dous anos máis tarde obtivo a praza de secretario da Deputación Provincial de Ourense. En 1823 reingresou no Real Consulado como secretario.

 Obras realizadas

Nas súas obras a xeografía e a economía están intimamente ligadas, como vemos nas súas obras Descripción económica del Reyno de Galicia (1803); Historia política, Historia natural; etc.