Jesús María Gamallo Aller


Categoría: Político e funcionario
Data de Nacemento: 19 de maio de 1961
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1985. Estivo de investigador no Instituto Universitario Europeo de Florencia (Italia) baixo a dirección e titoría do profesor Renaud Dehousse (3-7-1990 ó 3-8-1990). Foi profesor-colaborador do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) do Ministerio de Administracións Públicas e desde 1993 é funcionario do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

Entre os distintos cargos que ocupou, podemos destacar: Secretario Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (1999), secretario técnico da Comisión Arco Atlántico (1999), coordinador xeral da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (1999), membro do Comité das Rexións (2000), suplente do Presidente da Xunta, director da Fundación Galicia-Europa (2000) e vicepresidente da Comisión Nacional para a Unión Europea do PP (2001).

 Outros datos de interese

Está en poder do Diploma Directivo da Xunta de Galicia desde 1997. Fala galego, inglés, francés, italiano e portugués.