Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (2000).
Profesor de Filosofía de Ensino Secundario dende 2003, exercendo na actualidade a docencia no IES Fernando Blanco, Cee, A Coruña.
Proxecto de tese doutoral na Facultade de Filosofía da UNED, Madrid, cun traballo sobre música e filosofía e ontoloxía estética.
Traballa na elaboración de materiais didácticos sobre música moderna para ensino secundario.
Membro do GCEIS (Grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais), Facultade de Ciencias Sociais e Políticas da USC, dende 1998.
Coordinador do Grupo de Traballo de Filosofía no CEFORE de A Coruña.
Vogal da SOGAFI, Sociedade Galega de Filosofía onde colabora na elaboración dos novos DCBs da materia.
Socio fundador da SOFIHC (Sociedade de Filosofía Hispano-chilena) onde coordina o espazo de innovación didáctica na ensinanza da filosofía:”Espazo Ágora”.
Publicacións:
“Spinoza: modo finito e cidadanía”, nas Actas da Semana de Filosofía de Pontevedra, Aula Castelao, 2004.
Baruch Spinoza, Baía Edicións, 2007.
“Tecnoloxías do pracer”, Revista Saudiña, Cefore A Coruña, Consellería de Educación, (no prelo).
“Repetición, música e subxectividade”, Revista de Filosofía Ágora, USC, (no prelo).
Organización de cursos e ciclos de conferencias:
“Aproximación ó pensamento posmoderno”, Cefore, A Coruña, 2007.
“Nietzsche, educador do século XXI”, Facultade de Filosofía, USC, 2007.
Comunicacións e conferencias:
“Proposta de semente musical para unha nova ontoloxía do suxeito”, I Xornadas de Novos Investigadores, Facultade de Filosofía, USC, Santiago de Compostela, 2007.
“Aprender fóra da aula. Unha experiencia sobre a identidade”, III Xornadas de Didáctica da Filosofía, USC, Santiago de Compostela, 2007.
Músico vocalista e guitarrista de blues dende o ano 1998. Realiza concertos por Galicia e o estado español en diversas formacións como: The Fly, Degüello, Mojo Trío, &c.