Isabel De Toro


Categoría: Actriz
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Psicoloxía Social pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Pedagoxía Teatral pola Universidadee da Coruña, completou a súa formación con múltiples cursos: ‘Dirección escénica’ con Antonio F. Simón, Universidade da Coruña (2004); ‘Comedia dell´Arte’ con Carlo Boso e ‘Esgrima teatral’ con Jozef Markocki, Universidade de Avignón (2003); ‘Comedia dell´Arte’ con A. Nason, Universidade de Avignón, ‘Interpretación (método Stanislavski)’ con Álvaro Guevara e ‘Bufón’ con Eric de Bont (2002); ‘Esgrima e combate escénico’ con Juan Udaondo, ‘Clown’ con Eric de Bont e ‘Comedia dell´Arte’ con Pablo Sánchez (2001); ‘Interpretación’ con John Wright, ‘Máscara Neutra’ con Mª del Mar Navarro, ‘Técnica Vocal’ con Andrés Hernández, ‘Clown’ con Jöns Pappila e Pablo Muñoz (Good Idea Company), ‘Clown’ con Carlos Sante Varela e ‘Dicción e trabajo del texto’ con Francisco M. Barreiro e Mª Teresa Villar, Dirección Xeral de Política Lingüística (2000); ‘Interpretación’ con Manuel Lourenzo (1999); ‘Interpretación cinematográfica’ con Paco Pino (1998); ‘Interpretación’ con Ernesto Caballero, profesor na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e ‘Interpretación ante a Cámara’ con Antoni Chic (1997); ‘Interpretación’ con Leonid Roberman, director do Teatro Nacional de Cámara de Moscú e ‘Locución de Radio e Televisión’, Escola de Imaxe e Son, A Coruña (1996); ‘Entrenamiento Actoral’ con Natalia Zvereva, profesora da Universidade de Moscú (1995); ‘Expresión Corporal, Improvisación e Interpretación’, Escola Danthea, A Coruña (1991-95); ‘Dobraxe’, Estudio XXI, A Coruña (1994); ‘Interpretación e Doblaje’ con Antonio F. Simón (1989); ‘Pantomima e Acrobacia’ con Mimo Marcelo (1988) e ‘Danza Jazz e Danza Contemporánea’ con Linda Morrison (1985-88).

 Obras realizadas

Polo que respecta ó cine, participou nas seguintes longametraxes: ‘El desenlace’, de Juan Pinzás (2004), ‘Mucha Sangre’, de Pepe de las Heras (2002), protagonista da mellor película no VI Festival Internacional de Cine Fantástico e de Terror de Estepona, 2003 e ‘Cuaderno de Fortesende’, de Rafael Toba. Foi, ademais, protagonista nas seguintes curtametraxes: ‘Nengú’ de Álvaro Guevara e ‘Él nunca lo haría’ de Javier Cea (2003); El resorte de María Pagés (2000); ‘La última función’ de Manuela Varela e Carmen F. Paz (A Coruña), ‘Café Tiempo Atrás’, de Marcos Trincado, ‘A Porta de Santiago’, de Roberto Monge (Madrid) e ‘Bach’, de José Luis Ducid (1999); ‘Entrega a las 12’, de Rafael Toba (1998), ‘Recuerdos de un amante neurótico’, de Cheché Carmona (1996); ‘Grande de Cuba’, de Beatriz del Monte, ‘Edipo e Tecnhé (Documental dun soño)’, de Ignacio Vilar e ‘El viento de la colina’, de Fernando Gorostiza, E.I.S., A Coruña (1995); ‘Estela do Río’, de Antonio F. Simón, 1º Premio Festival de Elche (1992); ‘LA’, de Jorge Rodríguez (1987) e ‘Valle de Lágrimas’ de Pegebllas, Festival Lubjana (Iugoslavia) Sección Oficial (1986).
En televisión, colaborou nas seguintes series: ‘Os Tonechos van á praia’, ‘Os Tonechos no hospital’ e ‘Os Tonechos van a escola’, dirigido por Hugo Stuven. TVG (2004); ‘La rosa de Alejandría’, de la serie ‘Pepe Carvalho’, dirigido por Rafael Moleón e ‘A vacina da gripe’, episodio de Os Tonechos para ‘LUAR’ de la TVG (2003); ‘Fíos’, de TVG (2002); ‘Pequeno Hotel’, de TVG (2001); ‘Nada es para siempre’, de ANTENA 3 e ‘Galicia Exprés’, de TVG (2000); ‘Mareas Vivas’, de TVG (1999) e ‘Pratos Combinados’, de TVG (1997). Ademais, presentou os seguintes programas da TVG: ‘Gluglú Magazine’ (1988), ‘Clan-Clip’ (1989) e ‘Fatal, fatal, fatal’ (1991).
Polo que respecta ó teatro, participou en: ‘Cronopios e famas’, de Julio Cortázar, dirixida por Diana Almeida, ‘Os crímenes de Juan Pantera’, de E. Blanco Amor, dirixida Juan Sanmartín, ‘La verbena de la paloma’, de Tomás Bretón e Ricardo de la Vega, dirixida por Juan Udaondo e ‘Entre urnas e Xacobeo en el exilio me veo’, dirixida por Antón de Santiago (2004); ‘A Farsa de Inés Pereira’, de Gil Vicente, dirixida por Juan Udaondo, ‘El Retablo de las Maravillas’, de Miguel de Cervantes, dirixida por Juan Udaondo e el monólogo ‘El espejo de Julia G.Verdugo’, dirixida por Mariana Carvallal (2003); ‘Encontros (cando o amor non e perfecto)’, Café-teatro (2001); ‘Rei Lear’, de Sheakespeare, adaptación e dirección de X. Carlos Mejuto (2000); ‘Historias de viaxe, salón e dormitorio’, Café-teatro y ‘El Tintero’, de Carlos Muñiz, dirixida por Roberto Gómez (1999); ‘O Mastro’, de Daniel Cortezón, dirixida por Fernando M. Gallego (1998); ‘O Principiño’, de Saint-Exupery, adaptación de Cándido Pazó e dirixida por Fernando M.Gallego e ‘Entre cheiros e fragancias’, de Antón de Santiago (1997); ‘Luces de Bohemia’, de Valle Inclán, dirixida por X. Carlos Mejuto e ‘Xa che dixen “bifor” que non te asomaras a la “juindous”’, de A.de Santiago (1996); ‘Don Juan Tenorio’, dirixida por Luis Méndez (1995); ‘A propósito de una década e sus antecedentes joviales’, de A. de Santiago (1994); ‘Xacobeo beo beo. Qué ves...?’, de Antón de Santiago (1993) e ‘Primeira Mostra de Teatro Mudo’, Santiago de Compostela (1985).
En canto á publicidade, realizou unha campaña publicitaria para Diario 16 e o spot da Televisión de Galicia, Adiviña Produccións (2000), o vídeo promoción para a Escola Galega de Administración Pública. Grupo Voz, spot da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia (1997) e ‘Resplandor blanco’, vídeo publicitario de Arximiro García (1991).