Indalecio Varela Lenzano


Categoría: Musicólogo e crítico musical
Data de Nacemento: 10 de abril de 1856 (†14 de xuño de 1940)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Viviu a maior parte da súa vida en Lugo, onde traballou como funcionario da Deputación Provincial e dedicouse ós seus estudios musicais e a distintas actividades artísticas e culturais. Estudiou solfexo e canto co músico Juan Montes co que mantivo unha gran amizade (estaba casado coa súa sobriña Asunción Montes).

 Obras realizadas

Estes son algúns dos seus traballos máis importantes: Estudios sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega (1892), Las sociedades corales gallegas, "El Eco de Galicia", 8 a 15-7-1893, Estudio biográfico-crítico de D. José Pacheco, maestro de capilla de la catedral de Mondoñedo (Lugo, 1897), ?Figuras epónimas. Juan Montes? en Lugo y su provincia. Libro de Oro, VV.AA. (1929), Monografía sobre la música patriótica española (1901) e Del piano y de los pianistas (1905).

 Outros datos de interese

Foi membro da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. En 1926, concedéronlle a medalla do traballo.