Indalecio Díaz Baliño


Categoría: Delineante e escultor
Data de Nacemento: 8 de decembro de 1896 (†3 de febreiro de 1952)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Trasladouse á Coruña sendo aínda moi novo. Estudiou na Escola de Artes e Oficios. En 1912 intervén na Exposición de Arte Industrial, onde recibe un premio. Desde este ano tomou parte en tódalas exposicións de arte galego, vendendo gran parte das súas obras. En 1929 expuxo varias maquetas de edificios encargadas pola Deputación Provincial da Coruña con motivo da Exposición Internacional de Barcelona e a Iberoamericana de Sevilla. En 1928 presenta varias obras escultóricas na Exposición de Arte Gallego e en 1929 preséntase á primeira Exposición de Arte Galego celebrada en Bos Aires. No seu pequeno obradoiro fixo obras para o teatro Barbón de Vigo, o banco da Coruña, o Pazo Municipal ou o Hotel Finisterre. En 1946 foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes da Coruña.

 Obras realizadas

Sendo aínda estudiante na Escola de Artes e Oficios, inaugurou a súa obra El amor vence al león, que foi premidada polo Concello coruñés e permaneceu exposta varios anos na entrada do concello. Algunhas das súas obras de carácter galego son O rezo, O cego, A volta da sega, As netas, No sermón, etc. Realizou o busto de José Calvo Sotelo en bronce. Outras obras escultóricas interesantes son El vigor de la raza, España, Pavo Real e Carro Romano, que foron publicadas na revista Ahora de Madrid.