Colaborou habitualmente no xornal Faro de Vigo. Despois da súa morte, algúns dos seus artigos foron recollidos no libro Ruleta de motivos puenteareanos (1964). Como debuxante humorístico colaborou na revista Vida Gallega, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, El Tea, etc. Foi, ademais, un importante caricaturista. Clodio González publicou unha antoloxía dos seus debuxos titulada Os nosos humoristas. 2: Vidales Tomé.