Estudiou Dereito na Universidade de Santiago e viaxou a países como Francia, Bélxica e Holanda. Despois intalouse no seu pobo natal, onde traballou nun banco ata a súa morte. Gonzalo López Abente participou en tódolos movementos culturais e políticos de Galicia. Colaborou en periódicos e revistas como El Noroeste, Nós, Rexurdimento, Ronsel, A Nosa Terra... Desde 1925 formou parte do Seminario de Estudos Galegos.
Como poeta comeza coa publicación de Escumas da Ribeira e Alento da raza, nos que describe a paisaxe galega e a súa alma íntimamente unida a el. En 1924 publica D'outono e Nemancos en 1929. O mar está presente en tódolos poemas da súa última obra poética en vida Centíleos nas ondas (1958). Despois da súa morte, publicáronse outros dous libros de poemas: Decrúa (1966) e Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca (1971). Polo que a narrativa se refire, comeza en 1919 con O diputado por Veiramar e continúa con O escándalo (1920), O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) e Vaosilveiro (1929), todas elas novelas nas que se trata o tema do amor. Contribuiu tamén ó teatro cunha obra de corte sentimental titulada María Rosa, que foi estrenada en 1921 e publicada en 1928.
A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas en 1971.