Francisco Maseda Eimil


Categoría: Enxeñeiro agrónomo
Data de Nacemento: 27 de setembro de 1945
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
 Currículum

É enxeñeiro agrónomo (1971) e doutor enxeñeiro agrónomo (1980). Dedicado ó ensino, ocupou os seguintes postos docentes: Profesor titular da Universidade Politécnica de Madrid (1975-1988), profesor titular da Universidade de Santiago (1988-1992) e catedrático da Universidade de Santiago (desde 1992). Ata 1975 tamén traballou na empresa privada. Entre os cargos que ocupou podemos destacar: Director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos, vicerrector da Universidade de Santiago (1994-2002) e director xeral da Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia) desde 2003 a 2005.

 Obras realizadas

Como enxeñeiro agrónomo puxo en marcha un regadío e a instalación de gandería de vacún de leite, na rexión noroeste de Alxeria (anos 1972 a 1973). Redactou proxectos de enxeñería agroforestal e participou en operacións de obra. Publicou artigos e libros de temas de investigación en Enxeñería Agroforestal, concretamente en aplicacións da enerxía eléctrica en vacún de leite, así como estudios de influencias da luz en determinadas especies gandeiras e contaminacións por xurros.

 Outros datos de interese

Tomou parte na creación do Instituto de Investigación sobre Desenvolvemento Rural e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela e na posta a punto de fincas para actividades de investigación.