Fernando Severino Valeiras Sotelo


Pseudónimo:Dom Valeiras
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 20 de febreiro de 1953
Lugar de Nacemento: Cortegada (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

FORMACIÓN:
Titulación Graduado escolar Escolas do Padre Encina (Vigo).
Titulación Bacharelato elemental C. Sagr. Corazón P.P. Xesuítas (León).
Titulación Bacharelato superior Colexio Muro (Vigo).
Titulación Técnico especialista en deseño e montaxe de instalacións de enerxía solar fotovoltaica e eólica C.E.M. solar.
Titulación Técnico de informática musical Universidade Popular (Vigo).
Seminarios: ‘Psicopedagoxía: aprendizaxe e comunicación’, Universidade de Vigo (Vigo), ‘Tenologías digitales de la imagen en la praxis artística actual’, Museo de Cuenca (Cuenca), ‘Cooperativismo: introdución e desatrollo’, (Vigo, Mondragón), ‘Ética e individuo’, Universidade de Comillas, ‘Estética e Teoría del Cine’ (León) e ‘Cine Forum’, Universidade Complutense (Madrid).

 Obras realizadas

TRABALLOS:
1970-72: Xerente de laboratorio fotográfico, proxecto de fotografía artística Vigo-Vitoria e deseño de proxecto e xestor.
1973-77: Xefe de departamento con funcións de xerencia. Internacional Babyline, S.A. (Madrid).
1978-80: Fabricación e comercialización de textil, local Príncipe (Vigo), xerencia, deseño e funcións de merchandiser e organización de desfiles de moda, con implicación de artistas da cidade.
1980: Relacións públicas bistrot, Porto Banús (Marbella).
1980-82: Clases de español para estranxeiros, Academia Europa (Marbella).
1980-81:. Traballos de publicidade e asesoría artístico-lingüística axencia Gericolor (Marbella).
1981-82: Clases particulares de español, Shaffausen (Suíza).
1982: Montaxe e xestión Calzada Beach, espazo de difusión cultural, Coruxo (Vigo), creación e dirección de espazo cultural e organización de cursos de cultura española (Mar de Plata, Arxentina e Belén de Pará, Brasil).
1983: Hotel América. Xestión e organización de concertos. Mondariz Balneario. Promotor musical (Golpes Bajos, Siniestro...).
1985: Creación de Track: estudio de deseño, reciclado, moda e cultura actual (Vigo).
1986-89: Traex C.B. Creación de empresa dedicada á arqueoloxía, a promoción cultural e o desenvolvemento artístico. Deseño de imaxe e xerencia (Vigo). Escavacións (Monteferro, Alcabre...): filmación, documentación e edición.
1989: Taberna La Romana: desenvolvementos culturais, exposicións,... (Vigo).
1993-02: Iniciación de proxecto de rehabilitación de vivenda pobre no rural (Salceda de Caselas).
1995-02: Profesor invitado no centro escolar O Pelouro: clases de expresión artística e de creación lingüística para superdotados.
1997: Asesoramento artístico e colaboracións en distintas publicacións: fanzine ‘Ut’, Universidade de Vigo; poemarios...
1997-02: Creación e presidencia da asociación profesional (ARMO): pensadores e creadores contemporáneos e da asociación cultural do mesmo nome.
1999: Dirección plástico-lingüística da campaña de arte Agasall@rte.
2000: Creación e rexencia do Bf espazo: espazo expositivo, cociña de autor e promoción de cantautores e poetas. Cursos de alfabetización e de ensino do español, etnia xitana. Casco Vello (Vigo).
2001: Dirección artística do I Salón Internacional do Mundo Contemporáneo, Estación Marítima da Coruña e obradoiros de arte e agricultura ecolóxica no rural. Cursos de galego.
2002: Traballos de edición multimedia (imaxe, son...) para distintos escritores.
2003: Asesoría artística para proxecto editorial literario e filolóxico. Marburg (Hessen. Alemaña). Clases de español en KFZ, centro cultural.
2003-2004: Clases de español en Shenzhen, Colexio para as linguas estranxeiras (China).

EXPOSICIÓNS
1971-72: Proxecto fotográfico Vigo-Vitoria.
1982: Exposición de pintura, chiringuito Calzada Beach, Coruxo (Vigo).
1983: Exposición de pintura, Hotel América, Mondariz Balneario.
1984: Acción performance (maio-xullo), Praia América, Performance A-dicción (Vigo).
1985: Exposición Posisson Soluble, mail-art (Madrid) e exposición de pintura espazo Track (Vigo).
1986: Action painting, ‘Dos murales en el suelo’ (Vigo).
1987: I Bienal del Mar. Baiona La Real.
1988: Fotografías pintadas, Finart (Madrid).
1989: Sala Romano (Vigo).
1994: I Feira do Debuxo (Xunta de Galicia): Vigo, A Coruña, Pontevedra; exposición de pintura ‘Carpediem’ (Vigo); Arte Xoven Galega 1994, El corte Inglés (Vigo); colectiva itinerante de pintura ‘Coa alma enteira’; pintura, Amarok pub (Vigo); pintura, ‘De catro a catro pub’ (Vigo); pintura, ‘A pedra bar’, Bembrive (Vigo) e bienal de fotografía, Museo Metropolitano de Tokyo.
1994-95: I Feira de Artes Plásticas de Vigo. Organización, montaxe e exposición, Estación Renfe (Vigo).
1995. Pintura Ardora pub (Vigo); Sala de arte Banco Bilbao-Vizcaya (Vigo); II Feira do debuxo (Xunta de Galicia): Santiago, Lugo, Ourense, Vigo, A Coruña, Pontevedra; pintura, Pub Xentes (Vigo); pintura, Festa da poesía O Condadeo 95 (Salvaterra de Miño); Sala A Fábrica, Allariz (Ourense); colectiva de pintura, Casa da Cultura, Concello de Cangas (Pontevedra); Sala Almirante, Hotel Méndez Núñez (Lugo); colectiva ‘Selva Fermosa: introminutos no instante’, Universidade de Vigo e II Feira de Artes Plásticas de Vigo, Organización, montaxe e exposición. Praza da Princesa (Vigo).
1996. Pintura, Carpediem pub (Vigo); III Feira do Debuxo (Xunta de Galicia): Santiago, Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña, Pontevedra; pintura, ‘Psicogramas’, Sala dos Peiraos (Vigo); pintura, Casa da Anta, Lanhelas (Portugal); II Concurso de pintura rápida Sta. Eulalia (L´Hospitalet); ‘Mar Atlántica’, action painting (Vigo) e ilustración do libro de poemas ‘Maquinario’.
1997: Casa da Cultura da Rúa (Ourense); Centro Cultural Municipal de Porriño; IV Feira do Debuxo (Xunta de Galicia): Santiago, Lugo, Vigo, A Coruña, Pontevedra; Galicia Terra Única (Xunta de Galicia): ‘Postes de la luz’ e IV Feria de Artes Plásticas de Vigo: ARMO.
1998: artista invitado en ‘Turiarte’, Recinto Feiral Internacional de Silleda e ‘V Feira do Debuxo’ (Xunta de Galicia): Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e A Coruña.
1999: Portada do poemario ‘Cárnica’, Deputación de Pontevedra e dirección artística da campaña de arte ‘Agasall@rte’ e deseño de obxectos, arte dixital.
2000: Dirección artística e ilustracións da saga plástica-literaria de literatura infantil: ‘El coronel Taperwer’ e ‘Niña no’; edición, gravación e voz do libro-disco ‘Enzimas oxidables las luciérnagas’, concertos e pintura; pintura, ‘Bidungxphilister espacio’ (Vigo); pintura, ‘A Cova dos ratos’ (Vigo) e pintura, ‘A pedra bar’, Bembrive (Vigo).
2001: Pintura, Estación Marítima da Coruña.
2002. Arte dixital. Pintura animada, tratamento de sons e musicación de clásicos e contemporáneos da literatura castelá e exposición 33+3, Cafetería Nébeda (Salceda de Caselas) (crucificados sorrintes serie).
2003: Exposición 33+3 (II) Wherda (Marburg) e ‘El libro de los mengues’ (Barcelona).
2004: Exposición en Galería Dong Fang, Censen (China), exposición en Café do Faro (Vigo) e exposición en La Popular (Vigo).

VESTIARIOS
1984: Rock torero (Vigo); Baiona La Real, vestiarios, Playa América, estructura de un espacio para vestiarios, mayo-julio; La boda, antigua fábrica de conservas destruída, acción, foto, vestiarios (Vigo); acción vestiarios Torre de Madrid, edificio Plaza de España, texto Leopoldo Alas (Madrid) e performance A-DICCION, vestiarios (Vigo).
1985: Semana aberta á creatividade, instalación vestiarios, Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (Valencia); Espazo Pedro Adán (Valencia); Proxecto Hard-Core, soporte camisas e Espacio TRACK, acción esculto-pictórica-musical, vestiarios.
1988-89: ‘DESTRUCCION-CONSTRUCCIÓN O feito a man’ (Vigo).
1989: FEXDEGA 89, Instalación moda (Vilagarcía de Arousa); ‘Piel de Garage’, vestiario, mención especial do goberno de Navarra; instalación, ‘Romano’ (Vigo), e ‘Manifiesto Vitalista’, vestiarios, Sala Romano (Vigo).
1990: Participación en proxecto e escavación arqueolóxica de vila romana en Monteferro, Nigrán (Pontevedra) e presentación de vestiarios, Centro neuro-psico-pedagógico ‘O Pelouro’ (Caldelas de Tui).
1991: Deseño da estrutura e a programación A.L.A.C. (Asociación Libre Artístico Cultural).
1992: Participación en proxecto e escavación arqueolóxica, xacemento de Bouzas Opirum, A Garda (Pontevedra), Filmación do vídeo dos traballos cotiáns.
1993: Granada, exposición de vestiarios, IFAGRA; iniciación de proxecto de rehabilitación de vivenda pobre no rural, Condide - Salceda de Caselas (Pontevedra) e exposición de vestiarios, Praza da Constitución (Vigo).
1994: Creación proxecto Taller el Viso (Vigo); creación ‘Asociación de artistas plásticos vivos de Vigo’; exposición de vestiarios, Praza da Constitución (Vigo); I Feira de Artes Plásticas de Vigo, vestiarios Track e vestiarios de Tui, exposición de vestiarios.
1995: O Condadeo 95, Salvaterra de Miño, instalación de esculturas para meterse dentro, vestiarios; ‘A Fábrica’ sala de exposicións, esculturas para meterse dentro, Allariz (Ourense) e vestiarios ‘Selva Fermosa’, Universidade de Vigo, Facultade de Humanidades.
1996: Feira de artesanía de Baiona La Real, vestiarios.