Fillo de mestres, realizou estudos primarios e seis cursos de bacharelato na escola onde impartían clase os seus pais. Máis tarde, remata o bacharelato en Ourense e, posteriormente, trasládase a Madrid para realizar Enxeñería Industrial, carreira que remata en 1960. Completou a súa formación académica con varios cursos de postgrao e formación en escolas de negocios.
Tras unha breve etapa na que traballou como enxeñeiro para DEMAG (Alemaña) e S.A. Cros en Santander, comezou a asumir postos de responsabilidade no organigrama directivo de diferentes compañías. Durante dous anos foi director da empresa cántabra ‘Fundiciones de Maliaño, S.L’ En marzo de 1965, foi nomeado director técnico de Construcciones Didier S.A., localizada en Bilbao. Cinco anos máis tarde, asume a xerencia desta empresa e, posteriormente, é nomeado conselleiro delegado do grupo, á vez que formaba parte dos consellos de administración de varias filiais do grupo.
Foi co-fundador de Karrena S.A. en España, participada por Karrena GmbH e Didier Werke A.G., no ano 1970. Unha década máis tarde foi o promotor da expansión de Karrena e Didier en varios países hispanoamericanos.
En 1997 liderou, con un grupo financeiro español, a compra de KARRENA GmbH (Düsseldorf-Alemania), asumindo a presidencia executiva. Á súa xubilación, en 2000, ocupa a presidencia do consello de administración e realiza labores de supervisión, apoio na xestión e planificación estratéxica. O Grupo KARRENA,baixo a súa presidencia, multiplicou por catro a súa facturación. Implantada nas cinco partes do mundo e ocupando a 1500 persoas consolídase como líder mundial na enxeñería e montaxe de material refractario e na construción de chemineas industriais.