Félix Mondelo Santos


Categoría: Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce a profesión libre desde 1981, desempeñando durante estes anos asesoría xurídica de diversas empresas e entidades. Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo desde o 26 de xaneiro de 1996, tendo ostentado os cargos de deputado 2º e deputado 1º-Vicedecano, ata o 20 de setembro de 2008 en que cesou a petición.

Durante anos exerceu como profesor na Escola de Práctica Xurídica do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, ostentando, ademais, a representación de dito Colexio na Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta.

Desde o ano 2000, forma parte integrante do Despacho "López-Acuña Mondelo, Abogados Asociados, C.B.", continuando no exercicio libre con dedicación especial aos campos civil e penal.

O 13 de decembro de 2010, resultou elixido Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo.

En xuño de 2017 tomou posesión do seu cargo como Presidente do Consello da Avogacía galega.