Licenciouse, graduouse e doutorouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela coas máximas calificacións. Recibiu o Premio Fin de Carreira da Real Academia Nacional de Medicina e Cirurxía (1995), o Premio Fin de Carreira da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (1995), o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma Galega (1995), o Premio Extraordinario de Licenciatura da Facultade de Medicina e Cirurxía de Santiago (1996), o Premio ó Mellor Médico Residente do Hospital Clínico Universitario de Santiago (2000), e o Premio Nacional ó Mellor Médico Residente de tódalas especialidades do ano 2000, así como outros vinte premios e bolsas outorgados a distintos traballos científicos de investigación (1996-2005), os máis recentes o Premio Barrié de la Maza da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2006), e o Premio de Investigación da Real Academia Nacional de Medicina e Cirurxía (2006). Pediatra, especialista nos nenos máis graves, completou a súa formación clínica no Hope Children´s Hospital de Chicago e no Children’s Memorial Hospital de Chicago.
Actualmente é do Servizo de Críticos, Intermedios e Urxencias Pediátricas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Ten publicado ata o día de hoxe máis de 150 artigos (factor impacto persoal de 80) e 60 capítulos en revistas e libros nacionais e internacionais, e realizado máis de 200 presentacións e relatorios en diferentes congresos nacionais e internacionais, así como conferencias invitadas en diferentes institucións en Europa, EEUU e Australia.
Forma parte activa de máis de trinta comités editoriais ou profesionais nacionais e internacionais. Os seus principais intereses investigadores actuais céntranse na terapia con heliox, a bronquiolite aguda, a ventilación de alta frecuencia, a ventilación non invasiva, o shock séptico, o síncope vasovagal, a enfermidade meningocócica e as vacinas.