Evaristo Rivera Vázquez


Categoría: Crego e escritor
Data de Nacemento: 7 de xaneiro de 1929 († 22 de xaneiro de 2017)
Lugar de Nacemento: Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense)

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

Realiza os estudos previos á universidade no Colexio Apóstolo Santiago dos xesuítas (Mondariz e despois Vigo). Concluídos estes estudos e aprobada a reválida, inicia os estudos na universidade de Santiago, Facultade de Filosofía e Letras, Sección de Historia, aprobando todas as materias deste seu primeiro curso de carreira (1945/46). Ingresa seguidamente no Noviciado da Compañía de Xesús en Salamanca. Tras os dous anos de Noviciado fai os seus primeiros votos o 8 de decembro de 1948 para continuar seguidamente coa formación relixiosa e os estudos humanísticos do Xuniorado alí mesmo e logo cos filosóficos na Universidade de Comillas (Santander), onde se licenciará en Filosofía. Ao terminar estes estudos, retoma en Santiago co curso 1954/55 os estudos de licenciatura en Historia na universidade compostelá, que quedaran interrompidos coa súa entrada no Noviciado, ata obter o 25 de outubro de 1958 o grao de licenciado coa cualificación de sobresaliente e Premio Extraordinario tras a presentación do seu traballo de licenciatura co título “O Colexio da Compañía de Santiago de Compostela”, dirixido por D. Ramón Otero Pedrayo. Nos anos posteriores continuará E. Rivera cos seus estudos normais de teoloxía na Universidade de Comillas. Concluídos os estudos teolóxicos, volve en 1961 a Santiago para iniciar alí a preparación da súa tese de doutoramento sobre o labor educativo da Compañía de Xesús en Galicia. Pero esta tarefa investigadora retárdase ao ter que dedicarse sucesivamente durante varios anos a diversas funcións de goberno, como a de Reitor nos colexios xesuíticos de León e Vigo. Por fin, o 12 de xullo de 1986 pode defender a súa tese doutoral (que abarca catro volumes dun total de 1.980 páxinas) na Sección de Historia da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, dirixida polo catedrático Manuel Lucas Álvarez, que se publicaría logo co título de 'Galicia y los jesuítas. Sus colegios y enseñanza en los siglos XVI al XVIII' (A Coruña, Pedro Barrié da Maza, 1989). Por mor desta publicación, foi nomeado membro Correspondente da Real Academia da Historia o 26 de xuño de 1992.

 Obras realizadas

Libros publicados:

- Galicia y los jesuitas. Sus colegios y enseñanza en los siglos XVI al XVIII (La Coruña, Pedro Barrié de la Maza, 1989).

- Colegio Apóstol Santiago. Historia de una larga peregrinación (Vigo, Colegio Apóstol Santiago, 1993).

- El sorprendente colegio de Monterrei (Madrid, ed. Provincia de Castilla de la Compañía de Jesús, 2006).

 

Colaboracións en obras colectivas: 

- Monterrey, un proyecto de universidad en la Galicia del siglo XVI. En Jubilatio. Homenaje de la Facultad de Geografía e Historia a los profesores D. Manuel Lucas Álvarez y D. Ángel Rodríguez González. Tomo I (Universidade de Santiago de Compostela – Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1987), págs. 273-284.

- Los jesuitas de Galicia y su presencia en la América española. En: Galicia y la evangelización de América. Las Órdenes religiosas (Varios). Santiago de Compostela, Presidencia da Xunta de Galicia – Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, 1991, págs. 193-244.

- Padre Baltasar Merino (1845-1917). En: Baltasar Merino. Un grande naturalista do Baixo Miño (no 150 aniversario do seu nacemento). Monografías da Asociación Naturalista “Baixo Miño”, nº 5 (ANABAM, A Guarda - Pontevedra), 1995, págs. 5-16.

- O irmán xesuíta do Padre Sarmiento. En: O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995). Santiago de Compostela, 29 de maio – 3 de xuño de 1995. Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela, 1997, págs. 469-472.

- La Compañía de Jesús y sus colegios en Galicia, en tiempos de Felipe II. En: El Reino de Galicia en la monarquía de Felipe II (Coord. Antonio Eiras Roel) (Santiago de Compostela, Xunta de Galicia – Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo – Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1998), págs. 635-649.

- Breve memoria de Xaime. En: O padre Xaime Seixas Subirá. Pregoeiro da irmandade. Homenaxe no centenario do seu nacemento (1915-2015). Edición de Quico Domínguez, Manuel Cabada, Silvestre G. Xurxo (Vigo, Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, Sept., 2015), 101-102.

 

Artigos en revistas:

- La “Ratio Studiorum” de los jesuitas del año 1586 y los colegios de la Compañía en Galicia en el siglo XVI: “Compostellanum”, vol. XXXI, números 1-2 (1986), págs. 259-269.

- Los jesuitas de Mondoñedo, del siglo XVI al XVIII: “Estudios Mindonienses” (1987) nº 3, págs. 453-460.

- A aventura relixiosa e social dos xesuítas en Galicia. Unha reflexión histórico-crítica: “Encrucillada”. Revista Galega de Pensamento Cristián, nº 68 (maio-xuño 1990), págs. 233/33/244/44.

- Faustino Boado, un cristián para a lembranza: “Encrucillada”. Revista Galega de Pensamento Cristián, nº 75 (novembro-decembro 1991), págs. 496/56 - 503/63.

- De como a Universidade de Comillas xurdiu a carón do río Miño: “Encrucillada”. Revista Galega de Pensamento Cristián, nº 88 (maio-xuño 1994), págs. 242/30-252/40.

- Introducción: Amoedo y sus circunstancias. En Carmen patrium sive Pontevedra de Hermenegildo Amoedo: “Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais”, nº 11/1995, págs. 210-214.

- Lembrando a Asemblea de bispos e cregos: “Encrucillada”. Revista galega de pensamento cristián, vol. 20, nº. 100, 1996, págs. 127-133.

- En el IV Centenario de la Escuela Pública de Santiago: “Compostellanum” vol. XLII, números 3-4 (1997) págs. 371-380.

- El P. Conde, gran misionero jesuita, enterrado en Quindimil, Lugo: “Lucensia” (Miscelánea de Cultura e Investigación), nº 20 (vol. X), 2000, Lugo, págs. 151-162.