Enrique José López Cabarcos


Categoría: Profesor e investigador
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

En 1972 consegue o diploma da Comisión Nacional de Investigación Espacial, en 1973 a licenciatura en Ciencias Físicas, en 1975 o título de Aptitude Pedagóxica (Universidade Complutense), en 1976 o graduado en Ciencias Físicas e en 1981 o doutoramento en Ciencias Físicas.

 Obras realizadas

Desde 1974 exerceu a docencia de Física e Físico-Química na Universidade Complutense de Madrid. Desde 1984 a 1986 impartiu o curso de doutoramento "Estructura de Membranas" e de 1987 a 1989 o curso de doutoramento "Radiación Sincrotón". Desde 1990 a 1994 impartiu o máster "Análisis Químico e Instrumental de Medicamentos". Participou en quince proxectos de investigación financiados. Fixo máis de setenta publicacións en revistas da especialidade de difusión internacional e nacional. Dirixiu dúas teses de doutoramento e dúas tesiñas. Impartiu corenta conferencias en universidades e centros de investigación nacionais e estranxeiros. Presentou cincuenta comunicacións a congresos. Actualmente dirixe un grupo de investigación de oito membros dedicado ó estudios da estructura molecular en polímeros, coloides e xeles. Estivo contratado en diversos institutos e universidades estranxeiras.

 Outros datos de interese

Pertence ás seguintes sociedades científicas: Real Sociedade Española de Física, Grupo Español de Física do Estado Sólido, Grupo Español de Cristalografía, Grupo Especializado Coloides y Interfases e American Physical Society. É membro do Comité Nacional para a Radiación Sincrotrón, membro do Science Advisory Committee do European Synchrotron Radiation Facility, representante Español na European Science Foundation en Cristalografía de Macromoléculas, representante Español no Fórum de Megaciencia da OCDE dedicado a grandes instalacións científicas, representante español no Comité de Goberno do Instituto Laue-Langevin, membro do Council da Sociedade Europea de Radiación Sincrotrón, vocal do Grupo Español de Coloides e Interfases, membro da Xunta de Goberno da Real Sociedade Española de Física.