Enrique Jorge Montenegro Rúa


Categoría: Arqueólogo, historiador e informático.
Data de Nacemento: En 1964
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

Doutor en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, onde defendeu a tese 'Santa Eulalia de Bóveda: estudo histórico-arqueolóxico e proposta interpretativa do monumento e a súa contorna' en xaneiro de 2016 obtendo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude.

Previamente realizou estudos na Universidade Nacional de Educación a Distancia, licenciándose na facultade de Xeografía e Historia no ano 2000.

Funcionario do Estado, profesionalmente desenvolve as súas funcións como técnico informático desde 1986 no Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En 1984 finalizou estudos de informática no Colexio Universitario de Vigo (Universidade de Santiago de Compostela). En 2010 obtivo o título oficial de 'Máster Universitario en Sistemas Informáticos e Redes' pola Universidade de Alcalá de Henares (2010).

 Obras realizadas

O seu interese pola arqueoloxía peninsular levoulle a participar en escavacións e proxectos de diversos centros de investigación sobre a cultura hispanorromana.

Dentro do ámbito galaico destaca a súa débeda co Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga onde tivo a posibilidade de colaborar activamente (en especial entre 1997 e 2008 anos nos que desempeñou os cargos de Secretario e Vicepresidente da súa Xunta Directiva) tanto desde o punto de vista da divulgación arqueolóxica, coa edición de Croa (Boletín da Asociación de Amigos) e a creación da publicación electrónica e-Castrexo como en traballos de escavación no propio xacemento castrexo e a participación en diversos seminarios e congresos nacionais e internacionais.

Desde o ano 2004 a súa investigación centrouse, en maior medida, no desenvolvemento da tese doutoral do monumento de Santa Eulalia de Bóveda (Lugo), sobre o que xa publicou monografías, artigos en revistas especializadas, colaborado en publicacións colectivas e participando en cursos, congresos internacionais e conferencias.

 Outros datos de interese

Actualmente espera iniciar o proceso para a publicación da tese doutoral sobre o afamado monumento lucense de Bóveda, na que se lle identifica como un sepulcro monumental romano de iniciados dionisíacos.