Estudiou no Seminario de Mondoñedo e desde 1935 ata 1949 foi director do Colexio León XIII de Vilagarcía. Estudiou Filosofía e Letras en Santiago e obtendo una cátedra de latín traballou en institutos de Lugo, Pontevedra e Santiago. Foi membro da Academia Galega e colaborador do Instituto Padre Sarmiento.
Comeza a escribir poemas cara ó ano 1925 que están recollidos no libro Señardá, publicado 5 años máis tarde. Son sonetos sobre a paisaxe galega. En 1933 publica Corazón do vento e en 1941 publica en Buenos Aires o seu único libro en castelán titulado Contra el ángel y la noche.Cómaros verdes (1947) é o seu libro poético de madurez, neste libro ofrécenos unha renovación das estructuras métricas con distintas estrofas e ritmos.De día a día, publicado en 1960 recolle poemas escritos ó longo de 30 años.En 1961, ano da súa morte, publica Lanza de soledá. É unha obra de sonetos nos que reflexiona sobre a vida, o paso do tempo e a morte. Neste mesmo ano publica Nemias no que expresa a súa obsesión pola morte que é como un presentimento. Leva o seu cantare (1964) é o seu libro póstumo, publicado polos seus amigos que lle rendiron unha homenaxe. É unha recompilación de versos, non incluídos nos volumes anteriores.Tamén destacou a súa faceta de crítico, ensaista e lexicógrafo. Colaborou nas páxinas literarias de moitos periódicos e en revistas españolas e estranxeiras.