Profesor de Educación Primaria e Secundaria con praza. M.B.A.
Escola de Negocios Caixa Nova.
Xeografía e Historia na Facultade de Santiago de Compostela.
Experiencia Profesional Responsable da área de Teatro e Música na Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia. En Televisión de Galicia desde o ano 1985 ata finais do ano 2005. Xefe de Persoal e Servizos Xerais. Xefe de Produción de Informativos. Xefe de Planificación da Produción. Director de Produción e Explotación (1989-1996). Director Xerente (1996-2005). En xaneiro de 2006 incorpórase ó proxecto do Grupo Empresarial de Televisión de Murcia, empresa responsable da produción para a Canle Autonómica da Rexión. Dirección Executiva. Execución do proxecto e posta en marcha da emisión. Selección de Persoal. Programación. Produción propia e adquisicións. Retransmisións e eventos.
Foi o Director da Televisión Autónoma Valenciana S.A.
Dende abril de 2010, é o Director-Xerente do Consorcio do Audiovisual Galego.
Responsable máximo e coordinador do programa cultural e grandes espectáculos de Xacobeo 1999. Diversas publicacións menores na Consellería de Cultura e Prensa Rexional de Galicia. Colaboración activa co Ministerio de Educación, durante dous anos para a reforma da Formación Profesional como experto tecnolóxico. Mencións: Medalla de Ouro de Arte (Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo Español). Galego do mes de agosto 2000 do grupo editorial Compostela, El Correo Gallego.