Antonio de Soutomayor


Categoría: Crego
Lugar de Nacemento: Pastoriza (Pontevedra)
 Currículum

Ingresou na Orde de Santo Domingo no Colexio de San Esteban de Salamanca, indo despois ó de San Gregorio en Valladolid. Foi mestre de estudiantes no convento de Toro e prior do de Toledo. En 1587 conseguiu a cátedra de Prima da Universidade de Santiago de Compostela (desempeñándoa ata 1601). Tamén foi prior do convento de Santo Domingo en Compostela. Trasladouse a Castela, onde foi rexente do Colexio de San Gregorio de Valladolid e despois do de Salamanca. En 1611 foi nomeado Provincial da Orde de Santo Domingo en Castela e en 1617 Provincial da Orde en toda España. En 1621 foi nomeado confesor do príncipe herdeiro Felipe, que logo foi o rei Felipe IV. En 1623 foi elixido arcebispo de Damasco e ocupou en 1631 a Comisaría Xeral da Cruzada, aínda que o seu posto máis importante foi o de inquisidor xeral (1632), cargo no que presidiu dous "Autos de Fe", un en Madrid (1632) e outro en Valladolid (1636), nos que non se condenou a ninguén a morrer queimado. Como inquisidor xeral tivo que intervir no conflicto entre a coroa española e a Santa Sede por culpa dun libro de Francisco Salgado de Somoza no que se defendía a autoridade civil contra a eclesiástica.