Ángel Martínez Fernández de la Vega


Pseudónimo:Ángel de la Vega, A Mar, e O Marqués da Piringalla.
Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 19 de agosto de 1931
Lugar de Nacemento: Friol (Lugo)
 Currículum

Está casado con María Manuela Rodríguez Campo e é pai de cinco fillos. Fixo os estudios do bacharelato no Instituto do Ensino Medio de Lugo e na academia dos Irmáns Maristas da capital lucense. En 1951 aproba o exame de Estado na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o titulo de bacharel. Durante os anos 1953 e 1954 exerce de secretario de redacción na revista "Red" de Madrid. Ingresa na Escola Oficial de Xornalismo da capital de España en 1954, realizando o exame de grao en dita escola no curso 1957-1958. Precisamente no 1958 obtén praza no diario "El Progreso" de Lugo, onde exerce o xornalismo ata setembro de 1995, data na que se xubila. En 1970 foi nomeado redactor xefe de "El Progreso", posto que desempeñou durante 25 anos. Tamén dirixe o semanario "Heraldo de Vivero" desde hai 30 anos. En 1962 funda, xunto con outros xornalistas, a "Hoja del Lunes de Lugo", ocupando o cargo de redactor xefe desde o intre da súa creación, e pasando, un ano máis tarde, en 1963, a exercer a dirección posto que desempeña ata o momento da súa desaparición en 1987. No seu labor de xornalista desenvolveu traballos de todo tipo. Foi correspondente en Lugo de diferentes xornais españois e estranxeiros.

 Obras realizadas

É autor dunha guía turístico-literaria sobre Friol da editorial Everest e de La Garra, libro de artigos editado pola Deputación. Obtivo premios periodísticos nacionais e locais. Publicou o libro 'Ánxel Fole, 101 Anécdotas'.

 Outros datos de interese

Foi nomeado Lucense do Ano en 1995 e foille outorgada a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense en 1996. En 1998 foi nomeado Cabaleiro da Orden da Alquitara de Portomarín e Urogallo de Ouro dos Ancares.