
CurrículumEscultor e pintor autodidacta, que empezou a traballar a madeira con navalla.
Obras realizadasPoden atoparse obras súas na ermida dos Remedios da súa parroquia natal,
Trobe, onde destacan o retablo e diversas esculturas (1856-1858), tamén o cruceiro (1866) e un escudo (1851) que presidía o seu obradoiro.
Esculpiu tamén a escultura de San Miguel para a parroquia de San Miguel de Sarandón (1870) e a pintura do altar e púlpito da parroquia de San Xián de Sales.
Outras obras de Betetos son un Neno Xesús na parroquial e outro na Corticela (Catedral de Santiago), así como o cruceiro en Lestedo.
Outros datos de intereseAndrés definíase como “Mestre escultor e pintor de Historia”.