É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde o 30 de abril de 1983 ocupa en propiedade a praza de arquiveiro-bibliotecario do concello de Betanzos e desde o 13 de xaneiro de 1984 é tamén director do Museo das Mariñas e do Anuario Brigantino.
De 1989 a 1992 foi coordinador (nomeado pola Xunta de Galicia) da organización de arquivos municipais das provincias da Coruña, Lugo e Ourense, organizándose mediante bolseiros 52 arquivos doutros tantos concellos (700 parroquias con 378.231 habitantes), o que supón máis de 5 km de estante (5.145 m.) con 51.196 unidades de instalación. Os inventarios correspondentes están na Consellería de Cultura e en cada concello.
Desde o 2008 é tamén coordinador xeral de Restauro: revista internacional del Patrimonio Histórico.
-É autor de libros e traballos de investigación.
-É pintor, debuxante e gravador.
-Fundou no 1997, con Mª Teresa Garea, a editorial Briga Edicións SC e nela publicou a colección Debuxos de Galicia: I.- Betanzos. II.- Cruceiros. III.- Caza medieval. IV.- Músicos do Pórtico da Gloria. V.- Cabaleiros.
LIBROS
-Dirixiu a edición facsímil do primeiro periódico de Betanzos, El Censor (1883), realizada polo Concello de Betanzos no 1994 como suplemento do Anuario Brigantino 1983, nº6, o primeiro que dirixía.
-Dirixiu a edición facsímil, e fixo a introdución da “Historia de la ciudad de Betanzos de Manuel Martínez Santiso” (1892), publicada pola Deputación Provincial da Coruña no 1987.
-Escribiu, compuxo e maquetou “O Arquivo Fotográfico Selgas”, libro que editou o Concello de Betanzos en 1990 como complemento dunha mostra fotográfica, da que foi o organizador.
-Escribiu (en colaboración), compuxo e maquetou “Vales Villamarín: Lembranza no Centenario do seu nacemento”, libro editado polo Concello de Betanzos no 1991, como parte dos actos de inauguración da "Sala Cronista Vales Villamarín" no Arquivo Municipal de Betanzos.
-Escribiu (en colaboración) e coordinou “El Globo de Betanzos”, Madrid, Goya Stela, 1996.
-Escribiu (en colaboración con Rosario Sarmiento), compuxo e maquetou “O Cinematógrafo en Betanzos (1897-1951)”, editado pola Deputación Provincial da Coruña no 1997. Foi o 1º premio de 1993 do concurso que anualmente realiza a Federación Galega de Cineclubes sobre a Historia da Galicia Cinematográfica.
-Realizou a edición (en colaboración) de “Contos e poemas de Manuel Roel: Un autor ignorado”, Concello de Betanzos, 1998.
-Realizou a edición (en colaboración) da “Obra en galego de Xesús Calviño de Castro”, Concello de Betanzos, 1999.
-É coautor (e autor da introdución) do libro “Betanzos fotográfico: Imaxes dos séculos XIX e XX”, Concello de Betanzos, 2001.
-É coautor do libro “A memoria de Betanzos da colección "Álbum de Postais". Vigo, Xerais, 2003.
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
PREHISTORIA E MUNDO ANTIGO
-"Horno tardorromano en Callobre" (Brigantium, 1982).
-"O berce, ara romana de Vilacova" (Anuario Brigantino, 1984).
-"O xacemento arqueolóxico de Paleo (Carral): dun machado de época megalítica a unha necrópole tardorromana e/ou altomedieval" (Anuario Brigantino, 1990).
-"As Travesas (Vigo, Paderne): unha estación rupestre nas Mariñas de Betanzos". En colaboración con Andrés Pena Graña (Anuario Brigantino, 1994).
-O ancestral Camiño de peregrinación ó Fin do Mundo: na procura do deus do Alén, Briareo / Berobreo / Breogán / Hércules / Santiago... En colaboración con Andrés Pena Graña (Anuario Brigantino, 2006).
IDADE MEDIA
[Neste apartado os traballos de investigación aparecen complementados con numerosos debuxos arqueolóxicos]
-"Afonso de Carvallido": un "mercador" betanceiro do s. XV cabecilla dos irmandiños" (Anuario Brigantino, 1984).
-"Xente da Baixa Idade Media (I): sete mulleres con rollo" (Anuario Brigantino, 1987).
-"Xente da Baixa Idade Media (II)" (Anuario Brigantino, 1988).
-“Xente da Baixa Idade Media (III): Sancha Rodríguez, muller de Andrade, e Nuño Freire, Mestre de Christus" (Anuario Brigantino, 1991).
-"Xente da Baixa Idade Media (IV): Un Santiago Pelegrín, notarios, xurados e outros máis de Betanzos" (Anuario Brigantino, 1992).
-"Santiago peregrino [de Betanzos, s. XIV]" (Catálogo da exposición Santiago Camino de Europa: Culto y Cultura en la Peregrinación a Compostela, Galicia no Tempo, 1993).
-"As laudas sepulcrais de San Francisco da Coruña (I). (En colaboración) (Anuario Brigantino, 1994).
-"As laudas sepulcrais de San Francisco da Coruña (II). (En colaboración) (Anuario Brigantino, 1998).
-"La eterna caza del jabalí" (Anuario Brigantino nº 22, 1999).
-"El jabalí dios y el jabalí demonio en los sepulcros galaicoportugueses del siglo XIV" (Actas do Congreso, "La caza en la edad media", Universidade de Valladolid, 2002).
-"O calendario medieval da igrexa de Santa María do Azougue: un achegamento ás súas imaxes" (Anuario Brigantino, nº 27).
-"Un tema iconográfico da Idade Media: a caza do porco bravo". Actas do II Simposio de Estudios Humanísticos (De culturas, linguas e tradicións), Universidade da Coruña, 2006.
-"A conformación dunha moda burguesa na Galicia baixomedieval segundo a escultura funeraria". Catálogo da exposición: Os capítulos da Irmandade: Peregrinación e conflito social na Galicia do século XV. Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, 2006.
-Na igrexa de San Francisco de Betanzos: unha representación cósmica do ano, restos dun calendario agrícola, algúns artesáns e retratos dos Andrade (Anuario Brigantino 2008)
IDADE MODERNA E CONTEMPORÁNEA
-"A inscrición da Porta da Ponte Nova" (Anuario Brigantino, 1984).
-"Algunos aspectos de la economía agraria a través de los inventarios post mortem en la comarca compostelana (1750-59): los cereales, el estiércol y el ganado" (Boletín de la Real Academia Gallega, 1976).
-"Semblanza del artista Jesús Núñez" (Anuario Brigantino, 1981).
-"O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos", en colaboración con Miguel González Fernández (Anuario Brigantino, 1989).
-"As rúas de Betanzos: Introducción ó seu coñecemento" (Anuario Brigantino, 1985).
-"A chegada do ferrocarril a Betanzos" (Anuario Brigantino, 1983).
ARQUIVOS, BIBLIOTECA, MUSEOS
-"Rehaciendo el Archivo" (Programa de Fiestas Patronales de Betanzos, 1984).
-"O Arquivo Municipal de Betanzos e outros máis da cidade: estado da súa organización en decembro de 1986" (Anuario Brigantino, 1986).
-"Bases para a construcción dun cadro de clasificación de fondos dun arquivo municipal" (Anuario Brigantino, 1988).
-"A Xunta Municipal de Asociados" (Anuario Brigantino 1988), en colaboración.
-"Coordinación da organización de Arquivos Municipais da Coruña e Lugo" (Anuario Brigantino, 1989).
-"52 arquivos municipais de Galicia: Algúns datos para a esperanza" (Anuario Brigantino, 1992).
-"O Arquivo do Hospital de San Antonio da cidade de Betanzos" (Anuario Brigantino, 1990), en colaboración.
-"Inventario do Arquivo Parroquial da Igrexa de Santiago de Betanzos, do seu anexo S. Martín de Bravío e das adscritas Capela de S. Roque e igrexa conventual de Santo Domingo" (Anuario Brigantino, 1989).
-"A Biblioteca Pública Municipal "Castelao" é de todos" (Programa de Festas Patronais, 1983).
-"A Biblioteca Pública Municipal "Castelao" de Betanzos no ano 1986" (Anuario Brigantino, 1986).
-"Actividades do Museo das Mariñas no ano 1987” (Anuario Brigantino, 1987).
-"O Museo das Mariñas: ideas para renacer" (Anuario Brigantino, 1988).
-"Fundamentos para unha rede de Arquivos Municipais de Galicia, desde as experiencias dos arquivos de Betanzos e A Coruña". En colaboración. Actas do IV congreso de Anabad, celebrado na Coruña do 25 ó 28 de maio de 1988.
-"A cooperación desde un arquivo municipal: o caso de Betanzos". En colaboración. Actas das II Xornadas de Anabad Galicia, celebradas na Coruña en abril de 1997.
-"Publicacións periódicas de Betanzos no Arquivo Municipal" (en colaboración). Concello de Betanzos, 1999. Traballo actualizado no 2010 na web http://hemeroteca.betanzos.net
-Betanzos pedagóxico (Anuario Brigantino, 2008).
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-1977: Antigo Hospital de San Antonio de Betanzos, organizada pola Asociación Cultural Betanceira.
-1980: Sala do Ministerio de Cultura en Santiago.
-1997: Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia en Betanzos, dentro do XXIX Festival Santa Cecilia, organizado pola Coral Polifónica de Betanzos.
-1998: Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia en Betanzos, Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva de Betanzos e Museu da Região Flaviense, de Chaves (Portugal).
-1999: Centro Galego de Madrid, Biblioteca Pública "Miguel González Garcés" da Coruña (organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia), "Sala Teucro" de Pontevedra (organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia), Ateneo de Ourense (organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia), Biblioteca Pública Provincial de Lugo (organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia), Concello de Lourenzá (Lugo) e Instituto Cervantes de Lisboa (Portugal).
-2000: H. Tryp María Pita, A Coruña (Galería Arte Imagen).
-2001: Exposalnés, Cambados (Pontevedra), Sala "Xosé Rey Lago", Culleredo (A Coruña), Gravados na Sala de Arte da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Debuxo arqueolóxico medieval no IX Congreso Internacional da Asociación Hispánica de Literatura Medieval, Debuxo arqueolóxico no Congreso Internacional "La caza en la Edad Media" da Universidade de Valladolid e H. Egatur-Maia, Oporto (Portugal).
-2002: a serie «Praias da memoria» no Pavillón de Estudiantes da Universidade da Coruña (Campus de Elviña) e no Ateneo de Ferrol.
-2004: a serie «Praias da memoria» en Portas Ártabras (A Coruña) que incluiu unha homenaxe a Luisa Villalta a cargo de: Xulio Valcárcel, Carlos Pereira, Esther Souto, Carlos Ramos e Alfredo Erias e "Xente no Camiño" (mostra itinerante, patrocinada e organizada pola Deputación Provincial da Coruña).
-2005: Edificio Liceo, Betanzos (A Coruña).
-2006: Claustro do convento do Carme, Padrón (A Coruña), Salón de Actos -Mercado- Centro Multiusos, Arzúa (A Coruña), Casa da Cultura de Outes (A Coruña), Coliseo Noela, Noia (A Coruña), Convento de Monfero, Monfero (A Coruña), Edificio de Usos Múltiples, Vimianzo (A Coruña), Muíño do Pozo do Cachón, Muros (A Coruña), Casa da Cultura de Cariño (A Coruña), Casa da Cultura de Santa Comba (A Coruña), Sala José Rey Lago nos Muíños de Acea de Ama, Culleredo (A Coruña), Concello de Pontedeume (A Coruña), Parlamento Europeo (Bruxelas), "Église de Saint Jacques" Namur (Bélxica), Centro Galego de Bruxelas e Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela), ¡Xente no Camiño I e II (54 cadros)!.
-2007: «Xente no Camiño (II)»: Centro Cívico de Malpica, Casa da Cultura de Santa Comba, Edificio Liceo (Betanzos), Casa da Cultura de Muxía, Centro Multiusos de Arzúa, Centro Cultural e Xuvenil de Muros, Sala José Rey Lago nos Muíños de Acea de Ama (Culleredo), Casa da Cultura de Cariño, Casa da Cultura de Outes, Coliseo Noela, Noia (Pontevedra) e Casa do Mar de Foz (Lugo).
-2007: ¡Xente no Camiño I e II (54 cadros)! Sala Municipal de Exposicións, Edif. «Área Panorámica». Tui (Pontevedra).
-2008: Castelo de Soutomaior, Soutomaior (Pontevedra) (62 cadros). Organiza: Deputación Provincial de Pontevedra.
-2010: Auditorio de Vilalba (Lugo).
-2010: Xardín Botánico de Culleredo (A Coruña).
MOSTRAS COLECTIVAS:
-1978: "Primer Certamen Pintura Joven Gallega", na Galería de Arte Adro da Coruña.
-Décadas 1980-90: diversas mostras co Grupo Inzar en Betanzos.
-1997: co Grupo Crise na Sala do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña), na Galería de Arte "Marisa Rosado" da Coruña, no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia en Betanzos e na Casa Charry de Oleiros (A Coruña).
-1998-99: "Feiras do debuxo e do Gravado", Xunta de Galicia, en: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago.
-1998: co G. Crise na Sala de Arte do Concello de Verín (Ourense), Turiarte 98, Silleda (Pontevedra), nas Termas de Chaves (Portugal) e "Plaza del Agua" (Santa Cruz de Tenerife)
-1999: "Lorca Segundo Crise" no Museo Carlos Maside do Castro, Sada (A Coruña), co Grupo Crise no Centro Cultural Municipal de Ferrol, dous cadros seus integraron un documental sobre Lorca, dirixido por Albert Ponte e estreado no CGAI da Coruña o 21-I-1999. Nese documental participaron, entre outros, Paco Rabal e Juan Diego.
-1999: Subasta Millenium, no Hostal dos Reis Católicos, a favor da Cruz Roja.
-2000: co Grupo Crise na Casa de Galicia en Madrid .
-2001: 16 pintores na Sala "Xosé Rey Lago", Culleredo (A Coruña) e "9x3, Obra Gráfica" na sede dos Amigos dos Museos de Galicia (A Coruña).
-2002: co Grupo Artual no Museo Torres, de Marín (Pontevedra) e na galería "4 Ingletes" da Coruña.
-2004: "Arte Contemporânea de Galiza" no Edificio Central do Municipio (Lisboa) e "Crise en Betanzos", Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia en Betanzos, dentro del XXXVI Festival Santa Cecilia, organizado por la Coral Polifónica de Betanzos.
-2004-2005: “NADIR, A chegada a Compostela”. Diversas exposicións desde Lisboa a Compostela.
-2006: "O espírito de Mariñán" (Culleredo), «Accións estratéxicas: Arte actual na Deputación Provincial da Coruña», Universidade de Santiago de Compostela, Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia en Betanzos (Festival Santa Cecilia que organiza a Coral Polifónica), «II encontro coa pintura e a poesía, Pazo de Mariñán 2006» na Fundación Luís Seoane da Coruña e co "Grupo Crise" no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia en Betanzos, dentro das actividades de Nadal que organiza a delegación de Cultura do concello.
-2007: co Grupo Crise no Liceo de Noia (A Coruña), no Club Náutico de Portosín (A Coruña), na Sala "Xosé Rey Lago", Culleredo (A Coruña) e no Club do Mar na Coruña.
-2008: co Grupo Crise na Sala do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
PÁXINAS WEB
Realizou as seguintes páxinas web das que é webmaster:
http://anuariobrigantino.betanzos.net/
http://hemeroteca.betanzos.net
http://www.revistarestauro.com
PREGÓNS:
-1981: A festa recuperada da Angustia: Pregón das festas.
-1991: Pregón das Festas do Socorro (Carral)
-1995: Pregón da Festa das Cascas (barrio de Betanzos).
-1999: Pregón da Festa do Viño de Betanzos e 2ª Feira Franca Medieval de Betanzos.
-2005: Festa do pemento do Couto (Narón).
-2008: 5ª Feira Medieval das Pontes de García Rodríguez.