María Isabel Vázquez García


Category: Pintora
Birth Date: En 1972
Birth Place: Taboada (Lugo)
 Curriculum

 

Dende moi pequena sente paixón polo debuxo, os animais e a danza, recibindo formación de ballet clásico e estudiando veterinaria na USC, no campus de Lugo. 

Comeza a traballar na clínica de pequenos animais en Madrid, para trasladarse posteriormente a Inglaterra onde exerce cinco anos ó mesmo tempo que amplía a súa formación.

Retorna a Galicia e abre clínica propia, aínda que en 2020 vese obrigada a abandoar o exercicio da veterinaria ó desenrolar Sensibilidade Química Múltiple.

Retoma entón o debuxo, comezando a pintar con acuarela. No 2023 pásase ó óleo, polo que sente debilidade ó traerlle recordos de cando sendo nena a súa nai tamén pintaba.

É autodidacta xa que a Sensibilidade Química Múltiple non lle permite asistir a clases ou o uso de disolventes, o que condiciona a súa pintura, sendo gran parte alla prima.