Xa desde neno amosou a súa vocación pola música, gracias ás primeiras leccións da man do seu pai que o iniciou en solfexo e cornetín. Cando contaba só trece anos de idade, comezou a dirixi-lo antigo Orfeón de Tui e pouco despois ingresou como músico graduado no Rexemento de Murcia en Vigo. Con dezanove anos trasladouse a Madrid e ingresou no Conservatorio. Despois de conseguir un premio en Composición e gracias a unha bolsa do Concello de Vigo, viaxou a Francia, Italia e Alemaña para perfecciona-los seus estudios.
Entre as súa obras máis importantes destacan: El capricho de una Reina, La leyenda del beso, Encarna la misterio, La del Soto del Parral, Las Maravillosas, El regalo de boda, Amores de aldea, Las aventuras de Colón, La Guillotina, La Venus de Chamberí, La Virgen del Bronce, Las pantorrillas, El último romántico, Justicia y ladrones, La piscina de Buda, etc.