Con 18 anos foi a Barcelona a estudar Comunicación Audiovisual na Universidade Autónoma e alí estivo ata o ano 2000.
Ao volver a Galiza estivo a traballar como guionista ata que en 2002 comezou a traballar como interina na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense.
Ese mesmo ano realizou os cursos de doutoramento e unha peza documental chamada Ramón Caamaño: Fotógrafo Muxián, que sería mostrada dentro dunha exposición, sobre este mesmo fotógrafo, organizada polo CEF e patrocinada por Caixanova.
No ano 2004 gañou por oposición unha praza no IES de Imaxe e Son na Coruña e alí segue a traballar actualmente, realizando diversos proxectos didácticos como 'Tiff 2006', un proxecto interactivo con escanogramas, que foi recoñecido recentemente cun terceiro premio á innovación educativa outorgado pola Consellería de Educación.
No ano 2007 gañou un premio na categoría de comunicación dentro do certame “Curtas na Rede” e recentemente foi seleccionada dentro do Festival Curtocircuíto 06.
Actualmente está a traballar nun novo documental dentro do proxecto Costa defunta, ao que pertence tamén este documental.