Miguel Anxo Mato Fondo


Categoría: Escritor e Profesor
Data de Nacemento: 29 de abril de 1953
Lugar de Nacemento: Ponteceso (A Coruña)
 Currículum

Naceu en Ponteceso (Bergantiños) na beira do río Anllóns. Dende pequeno gustou da poesía, especialmente a de Eduardo Pondal, do que recitou o primeiro poema ós 4 anos. En 1969, pasou a vivir na Coruña, onde fixo o bacharelato e os primeiros anos de estudios universitarios. Rematou en Compostela a licenciatura de Filoloxía Hispánica. En 1980 comezou a traballar como profesor de lingua e literatura Galegas en Sarria (Lugo) e a partir de 1983 deu clase no Instituto Menéndez Pidal, da Coruña. Agora ten praza no IES Rafael Dieste, na mesma cidade.

 Obras realizadas

En 1984, coñeceu ós poetas que logo publicarían o colectivo De Amor e Desamor, cos que colaborou en moitos recitais e conferencias. Con anterioridade, en 1977, publicara os seus primeiros poemas en obra tamén colectiva, Alén, con X. R. Pena e P. Salinas. -Ten publicados dous libros de ensaio: A mazá e a cinza (1991) sobre poesía galega actual. A escrita da terra (1998) gañadora do I premio de ensaio Espiral Maior. -Tamén traballou en material curricular, para a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Vía Láctea e Bahía Edicións. -Realización de guións para vídeo, especialmente sobre poetas (Cunqueiro, Luís Pimentel e Pondal); ensaios en revistas especializadas, sobre literatura do século XX. -Na actualidade está a preparar un estudio sobre a obra poética de Manuel María, de próxima publicación. En marzo de 2004 conseguiu o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño coa súa obra O Whisky na barrica.

 Outros datos de interese

Afeccións: -Caza (arquivo persoal sobre literatura cinexética), -Música (blues, jazz, compositores Grieg, Rachmarinov, Bela Bartok), -Pintura moderna e romántica (G.D.Friedrich, Munch, expresionistas, abstracción, Mondrian, Hopper), -Interés polos avances científicos no campo da natureza e actualmente, do xenoma humano.