Licenciouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1970. Así mesmo, realizou cursos de doutoramento e suficiencia investigadora na Universidade de Vigo e dedicouse á formación de Formadores en Didáctica das Ciencias Experimentais na Universidade de Sevilla. Funcionaria do Corpo de Profesores de Educación Primaria desde o ano 1975 e adscrita a Secundaria desde 1990, durante o exercicio da súa profesión como mestra colaborou con diversas Consellerías na elaboración de programas educativos. Desde 1991 e ata o seu nomeamento como directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, cargo que ocupa na actualidade, foi asesora de Formación do Profesorado. Durante o cursos 1991- 92 foi directora do CEFOCOP.
Pérez Mariño é a autora de Terra e Xente, primeiro libro de texto editado en galego para educación primaria, dentro da área de Ciencias Sociais. Tamén escribiu numerosos artigos en revistas de ámbito educativo.