A dilatada traxectoria profesional de Cerezales foi una alongada sombra, desde o vespertino madrileño "Informaciones" ata o decano "Faro de Vigo", pasando por "España " de Tánger, onde permaneceu tres anos acompañado da súa esposa Carmen Laforet e "El Alcázar", xornal de excombatentes cos que participou na Guerra como Requeté.
Tamén dirixiu en Madrid a publicación ourensá "Misión", fundada en Galicia por Otero Pedrayo e Risco que continuou editándose na Capital de España, onde dirixiu a revista "Vida Mundial", que deu cobixo a Paco Umbral, ao trasladarse este de León onde traballou na emisora "La Voz de León" e compartiu os cenáculos literarios madrileños.
Da etapa de director de "Faro de Vigo" desde 1961 a 1964, cando Manuel González Cerezales e Carmen Laforet fixaron a residencia en Cangas, veciños de José María Castroviejo e Blanco Cicerón (director de "El Pueblo Gallego") foron frecuentes as visitas a Verín, onde coincidían tertulia con amigos comúns: José María Pereda, correspondente do "Faro", Jesús Taboada, correspondente de "La Región" e Carlos Nieves, correspondente da Axencia EFE.
O matrimonio Cerezales-Laforet disfrutou xornadas de descanso na súa finca abulense de Arenas de San Pedro, onde Carmen Laforet escribiu "La mujer nueva", con perfiles dos pobos do Valle del Tiétar: Villarejo del Valle, onde o poeta nicaragüense Rubén Darío deixara parte da súa obra literaria e San Esteban, pobo de San Pedro Bautista, mártir en Xapón co verinense San Francisco Blanco de Tameirón.