Chegou a Santiago de Compostela en 1649. Desde a súa chegada mostrouse interesado en realizar na catedral varias reformas, tanto no referente á capela maior como á visualización externa da catedral, consideracións que expón amplamente na súa Memoria sobre las obras de la catedral.
Vega y Verdugo, Conde de Alba real, foi o gran impulsor do Barroco galego. En 1658 foi nomeado fabriqueiro catedralicio e publicou o Informe sobre la construcción de varias obras en la Catedral de Santiago de Compostela, considerado o manifesto da arte Barroca en Galicia. Ese mesmo ano iniciou a obra do tabernáculo da catedral, proxecto encargado a Francisco de Antas e a Bernardo de Cabrera, aínda que máis tarde colaboraron outros artistas.