É licenciado en Ciencias Económicas (1968-1973) pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado na Comunidade Europea (1993-1994) pola Universidade da Coruña, diplomado en Planificación de Empresas (1981-1982) pola Universidade Politécnica de Madrid e auditor financeiro membro do R.O.A.C. e do R.E.A. (1987-1988) e do I.C.A.C. (Ministerio de Economía e Facenda). Foi bolseiro do Banco Mercantil e Industrial en Barcelona (1975-76), inspector de bancos, realizando inspeccións en equipo e en solitario das distintas entidades bancarias do grupo RUMASA, xefe administrativo da empresa Cerámica de Sargadelos, S.L. en Cervo-Lugo (1977-1984), secretario técnico da Confraría de Pescadores “San Juan Baustista” de Burela-Lugo (1984-1997), director xerente de Armadores de Burela, S.A. (1997-2003) en Burela (Lugo) e director financeiro de Porto de Celeiro, Viveiro (Lugo), levando o control financeiro da empresa matriz e empresas do grupo (2003-2005).
De 2006 a 2009 foi Director Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, dentro da Consellería de Pesca e AA. Marítimos (Santiago).
Actualmente e dende 2009, reintegrouse no seu posto de director financieiro de Porto de Celeiro, S.A.
Colabora con artigos pesqueiros en La Voz de Galicia (‘La claridad pesquera’…) e en revistas como ‘Industrias Pesqueras’ e ‘Ruta Pesquera’ (‘Asociacionismo y organización productiva en la actividad pesquera’ e ‘¿La unión europea?’). Colaborou coa europarlamentaria Rosa Miguélez na problemática do peixe espada e afíns e é relator colaborador nos cursos de Economía Pesqueira da Universidade de Santiago (Relatorios: “Nuevos aspectos de la competitividad en el mercado del pescado-estrategia en el caso del Bonito” e "Asociación y organización”). Dentro do marco regulador do Regulamento 104/2000 colaborou coa Administración Pesqueira Española como experto na implantación das Organizacións de Produtores Pesqueiros en Polonia, dentro do seu proxecto de integración na U.E. Ademais, é copartícipe na creación da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e participou na creación e posta en marcha da sociedade Armadores de Burela, S.A. e coordinación na construción da súa lonxa climatizada.
Realizou cursos diversos e participou como relator en foros pesqueiros. En 1999 participou nun curso-bolsa-Internet (Bolsa de Madrid e Escola Universitaria de Estatística da Universidade Complutense).
Fala español, galego e algo de francés e portugués.