Francisco Mª de la Iglesia González


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1827 (†1897)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Estudiou Maxisterio e dedicouse ó ensino durante toda a súa vida. Ó igual có seu irmán Antonio, preocupouse por todo o referente a Galicia. Fundou o Diario de Galicia e a agrupación Folclore Galego, dirixida por Emilia Pardo Bazán.

 Obras realizadas

Francisco de la Iglesia colaborou na revista Galicia. Revista Universal de este reino. Como poeta publicou numerosos poemas en xornais do momento. Ademais, destacan dentro da literatura dramática as súas obras A fonte do xuramento, Gallegos. ¡A Nosa terra! Escena oral en verso e nun auto e Os Ártabros. Escena orfeónica. Escribiu tamén unha comedia de costumes titulada As trulas de San Xuan, ou as enguespas da mocedade nas aldeas de Galicia. Francisco de la Iglesia tamén deixou un borrador da zarzuela O último brinde. Zarzola nun auto e un drama sobre a guerra carlista titulado O bordón salvador. Drama en dous autos.