Tras viaxar por España, Portugal e América, estableceuse en Ourense, onde desenvolveu con éxito a carreira xornalística en diferentes publicacións periódicas (El Noticiero, El Diario de Orense...). En El Derecho colaborou con numerosos artigos de crítica literaria e deu a coñecer varias poesías propias e, en 1894, o seu libro Paisaxes en prosa. Pero o recoñecemento como escritor chegou gracias ós textos que aparecían nas páxinas de El Miño co título de Agujetas.
En 1899 reuniu a súa obra en prosa no volume Pé das Burgas. Ademais da narrativa e a poesía, Álvarez de Nóvoa cultivou tamén o teatro, escribiu unha peza de carácter cómico titulada O señor dalegado, que aínda que foi estreada non chegou a ser publicada.