Enrique Bande Rodríguez


Pseudónimo:O Sande
Categoría: Teólogo e escritor
Data de Nacemento: En 1936
Lugar de Nacemento: Sande (Ourense)
Teléfono: 988129010

Opinión
 Currículum

Estudiou Humanidades no Seminario Menor de Ourense e Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior. Licenciouse en Sagrada Teoloxía (coa cualificación de "Cum Laude") na Universidade Pontificia de Salamanca e en Historia nas Universidades de Madrid e La Laguna (Tenerife). Fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago e agora está preparando a tese de doutoramento. Estivo sete anos de sacerdote en Ourense e logo ingresou no Corpo Castrense por oposición, onde estivo ata 1977. Ingresou no Corpo de Profesores de Instituto e na actualidade é catedrático de Xeografía e Historia no IES "Ramón Otero Pedrayo" de Ourense.

 Obras realizadas

Como investigador e divulgador publicou os seguintes títulos: Los Santuarios Marianos en el Valle Medio del Arnoya; La Romería de San Torcuato; Orense hace cien años; Basilio Álvarez. El Redentor del Agro Gallego; Teoría Política de D. Eloy Luís André; El Orfeón Unión Orensana; Daniel Piñeiro. Escultor y Artista; El Entroido. Rito e Simbolismo; El ciclo festivo ourensán; Guía histórico-artística de la ciudad de Orense; Palmés. Retazos de su Historia; La ermita de Santo Domingo de Xirazga; Ourense no século XX; La diócesis de Orense. Evolución Histórica; La parroquia de San Pedro de Bande; El templo parroquial de Videreferre, Os labores dos nosos devanceiros, El Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Orense, Inventario de Fondos Parroquiales de la Diócesis de Orense, Inventario del Fondo de Protocolos Notariales 1415-1902;...

 Outros datos de interese

Durante vinte anos ocupou o cargo de Arquiveiro Diocesano da Diocese de Ourense. Foi, así mesmo, publicista, relator en congresos, presentador, mantedor de Xogos Florais, guionista radiofónico, pregoeiro de festas, colaborador de revistas especializadas e, na prensa local e rexional, crítico de arte en exposicións artísticas.