Despois do bacharelato marcha a Madrid, onde fai a carreira de Arquitectura, ampliando estudios en Bélxica. Ó regresar á súa cidade natal comeza a súa actividade profesional asociado a Peregrín Estelles.
Dos seus primeiros edificios destacan a sede central do Banco Pastor e a Casa Barrié. Desde 1930 traballa como arquitecto do Concello da Coruña, retirándose en 1963. Tamén realizou edificios noutras cidades como Ferrol e Lugo.