Antonio López Acuña


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 3 de xuño de 1911 († 11 de decembro de 1993)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Cursou os estudos de Profesorado Mercantil na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña y posteriormente a carreira de Maxisterio. Fundador e redactor de Mundo de Ahora (Lugo, 1932), obtivo o título de xornalista en 1952, aínda que exercía profesionalmente o xornalismo con anterioridade, encadrado na redacción do xornal lucense La Voz de la Verdad (de 1933 a 1937) e en Azul (1937). Dirixiu, na súa primeira época, a revista da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, Información de Economía y Legislación Mercantil y Tributaria, e colaborou asiduamente en diversos órganos de información. Foi funcionario de carreira dos corpos técnico-administrativos da Deputación Provincial de Lugo e do Servizo Nacional de Produtos Agrarios.

En 1943, o Ministerio de Agricultura concedeulle unha bolsa de estudos, relativos a industrias zoóxenas e derivadas, que fixo na Casa de Campo na Facultade Superior de Veterinaria de Madrid. O ano anterior participara nun curso de industrias rurais, organizado pola Deputación de Lugo, como cronista oficial, cuxos reportaxes e comentarios, publicados na prensa galega e emisoras de radio, foron recollidos e editados co título de Memoria del Cursillo de Industrias Rurales. Reportajes y comentarios del cronista... (Lugo, 1942).

Desempeñou os cargos de secretario técnico dos padroados provinciais de Formación Profesional e Ensinanza Media e Profesional de Lugo, e o claustro de profesores do Instituto Técnico de Ensinanza Media de Ribadeo nomeouno secretario honorario, con carácter vitalicio. Foi designado en 1938, polo ministro de Educación Nacional, membro do Padroado para o Fomento das Bibliotecas, Arquivos e Museos Arqueolóxicos. Ingresou, como académico correspondente, na Real Academia Galega en 1954, e, en 1968, na Orde Civil de Alfonso X o Sabio, coa categoría de encomenda.

Interveu activamente na creación e funcionamento do primeiro taller-escola de instrumentos musicais populares galegos no ano 1952, en colaboración co seu fundador Antonio Fernández López e o folclorista Faustino Santalices.

 Obras realizadas

López Acuña publicou: Historia de la Biblioteca Provincial (1938); Guía del Productor y Molinero (1943); El Libro del Productor (1944); A B C del Agricultor, con un cancionero de molino (1945) e Comentarios a las secciones de Teología y Derecho de la Biblioteca de la Provincia. Escribiu en prensa, entre outros, os seguintes artigos: Los agentes naturales y el trabajo, como elementos fundamentales de la producción (1929), Engrandecimiento económico de los Estados Unidos (1933), El trabajo (1935), El problema de las clases trabajadoras (1935), Industrias Rurales (1937), Intereses provinciales: repoblación fo­restal (1942), Un dictamen trascendental para la ganadería lucense de principio de siglo (1979) e Embellecimiento del claustro de San Francisco de Lugo. Historia de la Torre del Consistorio, Castro Gil y sus aguafuertes. É, así mesmo, autor de numerosas publicacións no BCML: Estado de las murallas lucenses en el año 1781, Estado de la ciudad de Lugo después de la invasión francesa, Las Casas Consistoriales lucenses, Edificios lucenses del siglo XV, Don Alonso de Lemos y las Casas Episcopales, Edificios lucenses del siglo XV II, El Hospital de San Bartolomé, Una curiosa profesión liberal del siglo XVIII, Barberos, sangradores y cirujanos, Ante la próxima beatificación de un Incensé, el Rvdo. José M." Díaz Sanjurjo. Obispo de Tung-King, Las Reales Fábricas de Sargadelos y la monumental fuente de los leones de Lugo, así como diversas transcrip­cións de documentos históricos dos s. XVII, XVIII y XIX.