Alberto Valín Fernández


Categoría: Profesor e escritor
 Currículum

Alberto Valín Fernández é Profesor da Universidade de Vigo. Tamén foi profesor da Universidade da Coruña, da de Santiago de Compostela e da Université de Franche-Comté. Besançon. O seu Grado de Licenciatura obteno na Universidade de Zaragoza en 1983 coa calificación excepcional de Sobresaínte Cum Laude. Máis tarde e na mesma universidade zaragozana doutorase en Filosofía e Letras (Sección de Historia) coa mesma calificación.

 Obras realizadas

É autor de máis dun cento de publicacións nacionais e internacionais (libros, artigos, capítulos de libros, poñencias e comunicacións a congresos de ámbito internacional e nacional, prólogos, coordenador e director de publicacións,…). Entre os seus libros, cabe destacar: 'La Masonería y La Coruña. Introducción a la historia de la masonería gallega'. Vigo (Pontevedra), Edicións Xerais de Galicia, 1984; 'Galicia y la masonería en el siglo XIX'. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1990, 1991 (2 ediciones); 'Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX'. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1993; 'Masonería y revolución, Del mito literario a la realidad histórica'. Santa Cruz de Tenerife-Las Palmas de Gran Canaria, 2008 / Marston Gate (Inglaterra, Gran Bretaña), Amazon.co.uk, Ltd, 2013 (3 ediciones, tanto en soporte papel como en soporte dixital); dirixindo o libro 'La Sociabilidad en la Historia Contemporánea, Reflexiones teóricas y ejercicios de análisis'.  Coordenou varios proxectos de investigación subvencionados cun multidisciplinar equipo internacional de profesores, catedráticos e alumnos de doutorado. As súas liñas de investigación son, entre outras, a Historia social e das mentalidades, a Historia da educación e a Politoloxía. Tamén dirixiu teses doutorais como, por exemplo, a Label Européen de Óscar Freán sobre a Historia do Movemento Libertario Galego e a de Juan Osuna sobre A Guerra de Independencia en Galicia. Entre os seus discípulos destacan: Juan Osuna Rey, Pablo Sánchez Martínez, Óscar Freán Hernández e Domingo Rodríguez Teijeiro.