Licenciado en Filoloxía
Tese de Licenciatura co título: O galego en Zolle.
Profesor-agregado de Lingua e Literatura galegas no IES Lucus Augusti desde 1987.
Premios e publicacións:
Narrativa: 2000. Premio “IX Certame de Narracións Breves ‘Manuel Murguía’, ex-aequo con Xosé Carlos Caneiro. Título do relato: “A fervenza”. Publicado en De soños e memorias (AA. VV.). Ed. Espiral Maior. A Coruña, 2003.
2002. Primeiro accésit no XXVIII Certame Nacional galego de Narracións breves “Modesto Rodríguez Figueiredo”. Título do relato: “Río de esquecemento”. Publicado en Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003). (AA.VV.). Ediciós do Castro. A Coruña, 2004.
2004. Accésit no XXX Certame Nacional galego de Narracións breves “Modesto Rodríguez Figueiredo”. Título do relato: “A Ponte Cabalar”. Publicado en Premios Pedrón de Ouro. Certames XXX (2004) e XXXI (2005). (AA.VV.) Ediciós do Castro. A Coruña, 2007.
2006. Primeiro premio do IX Certame de Narración Curta ‘Ánxel Fole’ na súa categoría en galego. Título do relato: “Nube de seda na Lúa”. Publicado en IX Certame de Narración Curta ‘Ánxel Fole’. Contos do 2006. (AA. VV.) Ed. Concello de Lugo. Concellería de Cultura e Turismo. Lugo, 2007.
Outras publicacións:
Ensaio: 1987. “Rosalía en galego: do ‘Deserto’ ó ‘Inferno’”, en Grial, 98; 1994. con Castro Castedo, X.M.: “A análise de texto”, en Revista Galega do Ensino.
Narrativa: 2001. “Paixóns amuralladas” en Paisaxes con palabras (AA.VV.) Ed. Galaxia. Vigo.