-Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Graduada Social.-Funcionaria do corpo superior da Comunidade Autónoma de Galicia. Fue Directora Xeral de Familia da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.-Foi membro da Comisión Permanente do Ano Internacional da Familia do M.A.S.-Membro da Comisión Interdepartamental de Loita contra a Pobreza.-Vocal da Comisión Galega Interinstitucional do Menor. Vocal da Comisión Tripartita de Prevención e Integración de Drogodependentes.-Vocal do Consello Galego de Servicios Sociais. Vocal do Consello Galego de Consumo.-Membro da Comisión de Coordinación Interconsellería en materia de drogodependencias. -Membro da Comisión Coordinadora para a Normalización Lingüística.-Presidenta do Comité Organización do Congreso Internacional da Familia.-Vocal do Consello Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.-Vocal do Foro para a Integración dos Inmigrantes. -Presidenta da Fundación Galega para a Tutela de Adultos.-Vocal da Comisión Galega de Obxección de Conciencia. Membro do Observatorio de Infancia.
Foi relatora ou asistente a Congresos, cursos, conferencias, xornadas e Seminarios, como a Conferencia Internacional sobre "Poboación e Desenvolvemento" no Cairo (Exipto), Integrante da Delegación Española na VI Conferencia Internacional Integrating Family in Social Progress and Development" en Viena. Estivo tamén na Sede da OCDE na conferencia "Hacia el año 2000" en París. Tamén asistiu á IV Conferencia Iberoamericana sobre Familia celebrada en Cartagena de Indias (Colombia). Asistiu como relator ó curso sobre "La conducta transgresora de los adolescentes: evaluación e intervención", celebrado en Toledo.